Concello de Vigo


O alcalde reclama da Xunta que invista en cultura de acordo á «poboación de cada lugar de Galicia»

Tras o acordo do Parlamento de Galicia para paralizar a construción dos dous últimos edificios da Cidade da Cultura de Santiago, Abel Caballero sumouse hoxe mércores á decisión parlamentaria e reclamou á Xunta de Galicia que adique os fondos para a cultura «de acordo á poboación de cada lugar de Galicia».

 


Caballero destaca a «boa oferta» de espectáculos programada no Auditorio municipal para abril e maio

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este mércores a programación para abril e maio no Auditorio Municipal, 18 espectáculos musicais, teatrais e de danza para todos os públicos e con prezos máximos de 7 euros.

 


O alcalde eloxia a tradicional figura de chocolate de pascua que elabora a panadería El Trigal

Os responsables da tradicional figura de Pascua da panadería El Trigal rende este ano homenaxe aos emigrantes que deixaban en Galicia o corazón, recreando á escultura de Bruno Catalano, Le Grand Van Gogh. Caballero aproveitou hoxe mércores a visita para felicitar a todo Vigo estes días de vacacións.

 


Entrega dos galardóns de Vigueses Distinguidos e Medalla da Cidade 2013

O alcade, Abel Caballero, entregará a medalla da cidade de Vigo á Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) nun acto que terá lugar o mércores 27 ás 20 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia.

 


Últimos días da exposición ‘A BALEA NEGRA’ no MARCO

Este domingo 31 de marzo clausúrase nas salas da planta baixa do MARCO a exposición ‘A BALEA NEGRA’, a mostra conmemorativa do seu 10º Aniversario. Un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra.

 

Vigo en galego con Rosalía. Alumea a túa lingua!

Normalización Linguística programa para o sábado 6 de abril a actividade «No Vigo de Rosalía. Vigo capital do Rexurdimento» as 12:15 h no Paseo de Afonso XII. A actividade consiste unha camiñada polo Casco Vello para descubrir o Vigo de Rosalía: o Vigo mariñeiro, o Vigo provincia… a influencia da familia Chao…

 

Convocatoria para o ano 2013 das bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego

 

Convocatoria de subvencións para a realización de programas ou actividades de promoción da muller, no ano 2013

 

Xunta de Goberno Local

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: