Do segundo tenente de alcalde sobre as declaracións do PP ao respecto da Fundación Provigo e a Mancomunidade de Vigo

Con respecto da petición do voceiro do PP de que se auditen
a Fundación Provigo e a Mancomunidade de Vigo para saber a qué se adican, o segundo
tenente de alcalde, Carlos López Font, aclara que todas as contas do Concello as audita o
interventor e son públicas. Como o PP debería saber, organismos como a Mancomunidade de
Vigo rixense polo procedemento establecido pola lexislación da administración local, igual
que calquera entidade municipal. As contas van ao Consello e ao Tribunal de Contas, así
como á Xunta de Galicia. No tocante á Fundación Provigo, está sometida a controis de
auditoría externos e periódicos, con contas claras e transparentes.
Con relación ao contido, Font coida, cando menos, irónico que sexa o Partido Popular o que
pregunte polo cometido destes organismos cando, no caso da Fundación Provigo, as
institucións populares que a integraban abandonaron a fundación, como a Deputación, a
Xunta ou a Autoridade Portuaria. No caso da Mancomunidade, volve ser o PP o que torpedea
o seu funcionamento, tal e como demostra a paulatina marcha de concellos gobernados polo
PP: Nigrán, Baiona; ou O Porriño e Salvaterra que veñen de solicitar a súa saída.
O segundo tenente de alcalde quere recordar que a única Fundación escura que funcionou
nesta cidade foi a do Porto de Vigo: esa sí que foi un escándalo. O que tería que explicar o
PP é en qué gastaron os 500.000 euros destiñados a esta Fundación.
Carlos López Font
Segundo tenente de alcalde

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: