MÁIS DE 5.000 PERSOAS XA VISITARON A EXPOSICIÓN DA XUNTA ‘DESCUBRE AS COOPERATIVAS’ QUE PERCORREU 12 VILAS GALEGAS

  • A mostra rematará en maio despois de achegarse ata 37 localidades
  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar ofrece coñecer de primeira man as oportunidades que ofertan as cooperativas como ferramentas para crear emprego

Santiago, 27 de marzo de 2013.- Máis de 5.000 persoas achegáronse ata o momento á exposición da Xunta ‘Descobre as cooperativas’ que mostra de primeira man as oportunidades que ofertan as cooperativas como ferramentas para crear emprego, mellorar a economía social dunha rexión e xerar benestar. Ata o de agora, esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar xa percorreu 12 vilas galegas. Despois de ser inaugurada en Santiago, desprazouse ata Betanzos, Ordes, Portomarín, Lugo, Celanova, Boimorto, Rianxo, Ourense, Pobra de Trives, Verín, Nogueira de Ramuín e Sarria.

Esta actividade rematará en maio despois de visitar un total de 37 localidades. Así, os próximos emprazamentos onde estará a exposición serán: Terra de Trasancos; Xinzo de Limia; Fundación Coren; Centro de Desenvolvemento de Cooperación Transfronteiriza de Verín; a Mancomunidade de Vigo; os campus de Santiago, Vigo, Elviña, Ourense, Ferrol e Lugo; a Cámara de Comercio de Vigo; a Agrupación Calvos de Randín; Curtis; e a Caixa Rural de Lugo.

A mostra permanece aberta en cada localidade unha media de catro días, nos que se realiza unha labor de difusión e de dar a coñecer as características das cooperativas como unha alternativa para crear emprego e xerar riqueza económica na rexión.

Con esta actuación, a Consellería de Traballo e Benestar está promover esta opción empresarial, ao tempo que fomenta o cooperativismo como estratexia de creación de riqueza en Galicia.

A mostra está a espertar un especial interese entre aquelas persoas que contan cunha idea empresarial viable e entre os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e de Formación Profesional.

Ao longo de máis de 100 metros cadrados de paneis informativos e 8 monitores interactivos, os visitantes puideron constatar que son as cooperativas, os tipos que existen, como funcionan, cales son os seus valores e que pasos son necesarios dar para crealas, así como os apoios institucionais que existen.

A exposición intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de cooperación entre diferntes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento do cooperativismo e a economía social como estratexia de xeración de emprego. É unha rede que conta co apoio do Fondo Social Europeo.

En Galicia existen na actualidade un total de 1.152 cooperativas que agrupan a 90.158 socios e socias e crean un total de 18.649 postos de traballo, entre directos e indirectos, o que supón case un 2 por cento da poboación ocupada.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: