O Concello de Salceda cede o edificio da Casa da Música á Asociación Amigos e Amigas da Música

descarga (2)  O Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda veñen de asinar o convenio para a cesión demanial do edificio da Casa de Música a esta asociación.

O edificio, do ano 1955, foi construido inicialmente para Centro Rural de Hixiene, pero xa dende o ano 1987 está sendo utilizado como local de ensaio da Banda Cultural de Salceda, e posteriormente tamén como Escola de Música. Trátase dun conxunto de máis de 600 metros cadrados divididos en dúas prantas, con oficina, aula infantil, dúas aulas de solfexo, dúas aulas para clases instrumentais, tres cabinas de estudios individuais e un salón grande para os ensaios da banda. O edificio foi rehabilitado no ano 2009 cos fondos do Plan E, converténdose así nunha verdadeira Casa da Música.  

Marcos Besada, alcalde de Salceda, e Leonardo Fernández, Presidente da Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda foron os encargados de asinar o convenio, co que se regulariza unha situación de anos, garantindo o uso do local por parte da asociación por un mínimo de 25 anos, sempre e cando se cumpran as condicións establecidas.

A Banda Cultural e a Escola de Música foron sempre a liña máis importante dentro da política da Concellaría de Cultura que dirixe Teresa Pérez, e esta cesión ven a ser un paso máis na boa relación que existe entre Concello e Asociación. A escola de música conta con máis de 250 alumnos e alumnas que surten as bandas xuvenil e cultural, e que na Casa de Música poden asistir a clases de solfexo e instrumentos varios. Actualmente a asociación está a dar os pasos precisos para ser declarada de utilidade pública, o que xustifica aínda en maior medida a cesión de uso do edificio.

“A Asociación de Amigos e Amigas da Música fai unha labor impagable en Salceda, coa formación de centos de nenos e nenas que desemboca, en moitos casos, en carreiras profesionais no mundo da música”, declarou a Concelleira. “Grazas á música unha ducia de veciños e veciñas viven profesionalmente traballando nalgunha das mellores orquestras do mundo, polo que dende a Concellaría de Cultura seguiremos a poñer todos os nosos medios á disposición da asociación para o desenrolo das súas actividades”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, destacou que para Salceda a música é algo máis que cultura. “É un proxecto que permite que nenos, nenas e maiores poidan ter un espazo onde desenvolverse socialmente; unha Salceda onde vivir, traballar e desfrutar. O Concello de Salceda tiña unha débeda histórica coa Asociación de Amigos e Amigas da Música, e este convenio ven a saldar dita débeda”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: