PRESENTACIÓN DE ‘COCIÑAR CON ALGAS’ DE EVA CRESPO EN VIGO

Martes 2 de abril ás 20 horas en Librouro

 

image001 (1) A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentará o seu libro ‘Cociñar con algas‘ na compaña de Clemente Fernández Sáa de Algamar e do editor Francisco Castro.

Neste libro, a cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas que as algas achegan un toque especial para conseguir un resultado exquisito

Coas receitas que aparecen neste libro descubriremos as virtudes da “Cociña Atlántica” a partir de pratos moi variados e sinxelos. Un mollo de propostas culinarias nas que o sabor e a saúde van da man e nas que se reivindica un produto galego cada día máis usado nas mellores cociñas do mundo.

Eva Crespo Vázquez naceu na Illa de Arosa.

É vexetariana dende hai 38 anos, e dende 20, dedícase á cociña vexetariana. A súa formación é completamente autodidacta, mais conseguiu converterse nunha completa experta o que a levou a dar moitos cursos de cociña para expandir máis este tipo de alimentación en cursos tanto dentro como fóra de España. Tamén traballou en restaurantes e centros alternativos. Na actualidade centra a súa actividade en dar a coñecer as posibilidades culinarias das algas

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario