A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DOS VECIÑOS A ÁREA DE USOS RECREATIVOS DA ETEA EN VIGO TRAS INVESTIR PRETO DE 700.000 EUROS NA SÚA RECUPERACIÓN

  • O Goberno galego adxudicou o 14 de marzo a redacción dos proxectos correspondentes aos usos socio-asistenciais, culturais e de servizos
  • O espazo destinado a usos recreativos dispón de pista de patinaxe, pista de skate, carril- bici, dúas pistas multideporte, parque infantil e pérgolas
  • O Goberno galego atendeu as solicitudes veciñais ou de distintos colectivos, incrementando así o número de mesas e bancos ou reforzando a seguridade dos patinadores mediante a colocación dun valado do perímetro da pista de patinaxe

Vigo (Pontevedra), 27 de marzo de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, inaugurou hoxe á área de usos recreativos da ETEA de Vigo, proxecto  no que a Xunta de Galicia investiu preto de 700.000 euros  para levar a cabo a recuperación deste espazo de 7.600 m2.

Con este proxecto sectorial a Xunta dá resposta ás reivindicacións veciñais, entregando aos veciños de Teis e a todos os cidadáns de Vigo este espazo privilexiado e introducindo nel as dotacións solicitadas nas distintas reunións de traballo realizadas coas asociacións.

 

O proxecto sectorial levado a cabo permitiu transformación deste ámbito introducindo elementos para o lecer dos cidadáns, como unha pista de patinaxe, pista de skate, carril- bici, dúas pistas multideporte, unha en formigón e outra en céspede artificial, parque infantil e pérgolas.

 

A Consellería de Medio Ambiente, tras varias xuntanzas con veciños e diversos colectivos, levou a cabo moitas das solicitudes propostas, como por exemplo a colocación de  mesas e bancos baixo as pérgolas instaladas.

 

Tal como solicitaron os patinadores, o departamento que dirixe Agustín Hernández finalmente instalou 12 bancos, tres máis dos previstos no proxecto. Tamén se valou o perímetro da pista cuns tubos de aceiro horizontais para mellorar a seguridade e evitar o acceso ao recinto dende calquera punto. Ademais, en canto se dean as condicións meteorolóxicas axeitadas pintaranse marcas especiais na pista para ter referencia á hora de practicar as figuras de patinaxe.

 

Vindeiros pasos

Hernández subliñou que a inauguración de hoxe é un primeiro paso, xa que este proxecto sectorial forma parte dunha estratexia global de recuperación de todo o espazo da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), nun total de 115.000 m2, que ten a súa continuidade na inminente redacción do proxecto da área de Vías, Espazos Libres e Infraestruturas, así como a área de usos complementarios, que se adxudicou recentemente.

 

O titular de Medio Ambiente explicou que unha vez que o seu departamento dispoña dos proxectos redactados procederase á súa exposición pública para que todos aqueles cidadáns e colectivos que o desexen poidan achegar as súas suxestións e enriquecer así os documentos.

 

A adxudicación da redacción dos proxectos sectoriais da Área de vías, espazos libres e infraestruturas, así como da Área de Usos Complementarios tivo lugar o día 14 de marzo por 145.000 euros. Estímase que as obras nestas dúas áreas supoñan un orzamento de 4,8 millóns de euros.

 

No que se refire ao proxecto sectorial da área de viais, espazos libres e infraestruturas (PS-1), resolverá a urbanización deste ámbito e as conexións exteriores coas redes xerais de infraestruturas definidas no propio plan sectorial. Este ámbito abrangue unha superficie de 20.029 m2.

 

En relación ao ámbito do proxecto sectorial da área de usos complementarios defínese como PS-6, cunha superficie de 21.199 m2. Este proxecto sectorial ordenará detalladamente o ámbito, para a localización de usos complementarios dos científicos- tecnolóxicos, tales como os socio- asistenciais, socio culturais, residenciais, servizos de xestión e innovación empresarial e terciarios complementarios.

 

A continuación,  cadro e plano nos que se amosan as distintas áreas que integran o Plan Sectorial da ETEA.

 

ÁREA

DENOMINACIÓN

ESTADO

ÁMBITO

EDIFICAB.

PS-1

Viarios, espazos libres e infraestruturas

Contrato para redacción do proxecto adxudicado o 14/03/2013

20.029 m2

0 m2

PS-2

3A – 3B

Área científico tecnolóxica

Previsión Plan Sectorial

34.906 m2

34.750 m2

PS-4

Equipamento deportivo, usos dotacionais e parque

Previsión Plan Sectorial

31.291 m2

6.500 m2

PS-5

Usos recreativos

Prevista posta en servizo en marzo de 2013

7.625 m2

2.150 m2

PS-6

Usos complementarios

 

–     Área de equipamentos de carácter social

–      Entre 50 e 60 vivendas

Contrato para redacción do proxecto adxudicado o 14/03/2013

21.199 m2

14.600 m2

   

115.050 m2

 

 

 

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: