FEIJÓO DESTACA O INVESTIMENTO DE 500 M€ NA PLANIFICACIÓN ELÉCTRICA 2014-2020, QUE RECOLLE 40 ACTUACIÓNS PARA CONTRIBUÍR Á DINAMIZACIÓN DA ECONOMÍA E O EMPREGO, Á REDUCIÓN DE GASES CONTAMINANTES E Á MELLORA DO SUBMINISTRO ENERXÉTICO DE GALICIA
Destaca que esta planificación contempla cinco eixos de actuación para mellorar as capacidades de transporte eléctrico ante un posible incremento da demanda enerxética no sector industrial, de servizos ou no ámbito doméstico
O obxectivo é incrementar as capacidades de consumo nas vilas e cidades galegas máis poboadas, garantir a correcta evacuación da enerxía que vaian xerando os parques eólicos, implementar o Plan de biomasa de Galicia e o tren de alta velocidade, e mellorar a interconexión con outras comunidades autónomas e o norte de Portugal
Salienta a especial incidencia desta planificación na área de Vigo, onde se vai mellorar e facer máis eficiente todo o consumo de enerxía eléctrica de PSA Citroën, do parque de Balaídos e das industrias que se instalan no perímetro da Zona Franca.