O VENRES 29 DE MARZO, INAUGURACIÓN D EXPOSICIÓN “AMOR DENDE A SEARA”

Na mostra haberá fotografías e ilustracións de doce artistas galegos. 


descarga (1) Vigo, 27 de marzo de 2013. O venres 29 de marzo (20:00 horas) celebraremos
en Detrás do Marco (R. Londres, s/n) o acto de inauguración da exposición
“Amor dende A Seara”, que forma parte do “Seara Festival”, que se celebrará
durante esta fin de semana en Vigo. A exposición permanecerá no café durante
dúas semanas.

O local amosará unha mostra de ilustracións e fotografías a cargo de doce
artistas galegos, contando con nomes como Andrés Magán, Santi Zubizarreta,
Óscar Raña, David Tombilla, Virginia Expósito e Maider Jiménez. Así,
reuniranse autores xa consagrados xunto a mozos noveis que están comezando
neste mundo creativo. Haberá estilos e técnicas moi diferentes que nos
permitirán gozar cunha exposición única.

Ademais, durante a inauguración tamén se presentará o recompilatorio que
está a realizar Seara Records, en formato casete de trinta temas dun total de
trinta bandas da escena galega, entre as que figuran Mullet, Wild Balbina,
Fantasmage, Lobishome, Novidades Carminha ou os xa disoltos Indómitos.
Tamén contará coa colaboración dos madrileños Juventud Juché e, dende
Asturias, Chiquita y Chatarra, Fasenuova e Las Nurses.
 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: