Actividades detrás de O Marco

descarga

O SÁBADO 30 DE MARZO, CONCERTO DE
SONIDONIA EN DETRÁS DO MARCO

 O grupo está formado por Iria e Gonzalo, de Clave de Fado.
Vigo, 29 de marzo de 2013. Sonidonia regresa a Detrás do Marco. Teremos a
portunidade de volver a emocionarnos coa voz de Iria e o bo facer de Gonzalo
sábado 30 de marzo a partir das 20:00 horas. Ademais, chegan con ganas de
mosar os seus novos temas, polo que nos espera unha noite moi especial .
Entrada de balde.

Sonidonia está formado por dous dos compoñentes de Clave de FaDo: Iria
Estévez, a vocalista, e Gonzalo Piña, baixista-guitarrista. Neste novo proxecto
trévense con músicas de diferentes estilos e de moi diversas orixes,
mesturando o encanto dos fados, a forza do blues, a dozura da cantiga galega,
cálido dos boleros, a ledicia do regae, a enerxía da música africana…
Miscelánea musical, músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi
articular!!!

O VENRES 29 DE MARZO, INAUGURACIÓN DA

EXPOSICIÓN “AMOR DENDE A SEARA”

o Na mostra haberá fotografías e ilustracións de doce artistas
galegos.

Vigo, 27 de marzo de 2013. O venres 29 de marzo (20:00 horas) celebraremos
en Detrás do Marco (R. Londres, s/n) o acto de inauguración da exposición
“Amor dende A Seara”, que forma parte do “Seara Festival”, que se celebrará
durante esta fin de semana en Vigo. A exposición permanecerá no café durante
dúas semanas.

O “SEARA FESTIVAL” CELEBRARASE O SÁBADO 30
DE MARZO NA IGUANA

o A choiva obrigou a desprazar o concerto a un sitio pechado.
o Nove grupos amosarán a súa música durante seis horas nun
espectacular concerto.

Vigo, 28 de marzo de 2013. A choiva provocou un cambio obrigado no “Seara
Festival”. Finalmente, haberá cambio de ubicación por culpa das condicións
meteorolóxicas, o o macroconcerto celebrarase o sábado 30 de marzo na
Iguana (a partir das 20:00 horas) en vez de na terraza de Detrás do Marco.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: