Archive | abril 2, 2013

DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO

descarga (1) A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, asistiu aos actos organizados pola Confraría do Santísimo Cristo da Victoria en conmemoración da Festa da Reconquista de Vigo. Na Concatedral de Vigo.

A XUNTA REMITE AO CONCELLO DE PORRIÑO O INFORME COAS CORRECCIÓNS QUE TERÁ QUE INTRODUCIR NO PXOM PARA ACADAR A SÚA APROBACIÓN INICIAL

 

  • O informe autonómico non cuestiona o modelo de planeamento proposto, aínda que aclara as cuestións documentais e formais que deben ser subsanadas polo Concello con carácter previo á aprobación inicial polo Pleno
  • A Xunta considera correctas as previsións de crecemento da poboación e do número de vivendas plantexadas para o período de vixencia do plan
  • A Consellería de Medio Ambiente reitera a súa disposición a coordinarse e colaborar co concello para que Porriño dispoña de PXOM no menor prazo posible Leer más…

Novacaixagalicia trae a Vigo un filme de Scorsese dentro do seu ciclo de cine

Novacaixagalicia ofrecerá mañá, martes 2 de abril, en Vigo a terceira película do seu ciclo de cine «Nos vieiros da mente» coa proxección de O aviador, un filme que obtivo 5 Oscar.

A fita proxéctase nun pase único ás 20.00 h no auditorio do Centro Cultural da entidade en Vigo, a entrada é libre ata encher capacidade. A película, dirixida por Martin Scorsese e con Leonardo Di Caprio no papel protagonista dramatiza a biografía de Howard Hughes, pioneiro da aviación e produtor en Hollywood.

PP de Vigo

 

El Grupo Popular insta al alcalde a que presente ante el pleno la anunciada modificación de la ordenanza de la XER, que regula el estacionamiento en las calles

  • Hace semanas el regidor municipal habló de que iba a introducir un cambio en el sistema y, como es habitual, nunca más se ha sabido de esa reforma.
  • El Partido Popular desconoce, a día de hoy, el alcance en la forma y en el fondo de la pretendida modificación, ni el coste que tendrá para las arcas municipales.
  • El Grupo Popular considera que lo único que consigue el alcalde con este tipo de anuncios, que luego no se concretan, es confundir y despistar a los vigueses.

Último mes para a presentación aos premios de xornalismo de Novacaixagalicia

novacaixagaliciaNovacaixagalicia e Ámbito Cultural de El Corte Inglés colaboran na nova convocatoria dos premios de xornalismo, que son unha referencia dentro do seu ámbito, e cuxo prazo de presentación de traballos remata o día 31 de abril. A esta nova edición poderanse presentar todos aqueles artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben en artigo de opinión, coa única condición de que tan só se pode achegar un texto por autor que fose recollido polas cabeceiras de Galicia.

O PRIMEIRO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ORGANIZADO POLA XUNTA EMPEZA MAÑÁ

  • ciesislas   Esta iniciativa está organizada de xeito experimental pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestucturas
  • As primeiras quendas, con 8 voluntarios cada unha, serán desde mañá, 2 de abril, ata o sábado 6 de abril; do 8 ao 12 de abril; do 15 ao 19 de abril; e do 22 ao 26 de abril
  • Os participantes obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

A PRESTACIÓN POR FILLO A CARGO DE BENESTAR PODERÁ SOLICITARSE DESDE MAÑÁ

  • A axuda consiste nun pagamento único de 360 euros por cada un dos fillos
  • A petición formalizarase no formulario normalizado que está dispoñible na sede electrónica da Xunta no enderezo https://sede.xunta.es
  • O prazo de presentación das solicitudes, segundo publica hoxe o DOG, será de corenta días naturais contados desde mañá (do 2 de abril ao 11 de maio, ámbolos dous incluídos)
  • A resolución destas axudas, que o ano pasado beneficiaron a preto de 3.000 persoas, será nun prazo de seis meses.

 

Foro sobre Oportunidades de Negocio con MÉXICO

Foro Oportunidades de Negocio con MÉXICO, organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), terá lugar o vindeiro 5 de abril de 2013,  ás 11:00 horas.
No transcurso da xornada analizarase o estado das relacións comerciais de Galicia con México, ao tempo que se presentará o novo Plan de Desarrollo de México (PND 2013-2917). A xornada contará coa participación do Embaixador  de México en España, Francisco Ramírez Acuña, e coa Consejera Comercial de México en España,  Ximena Caranza-Campos.

 

www.igape.es

FEIJÓO TRATA COS XOVES EMPRESARIOS DO PROXECTO DA XUNTA PARA CREAR UNHA NOVA XERACIÓN DE EMPRENDEDORES GALEGOS

 fei

  • O presidente da Xunta e o conselleiro de Economía subliñan nun encontro con FEGAXE a vocación empregadora da nova Lei de Emprendemento
  • A norma pretende acadar a cifra de 130.000 emprendedores en catro anos
  • A Xunta activará a Unidade Galicia Emprende, que facilitará a creación de empresas en 48 horas

.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo,  mantivo hoxe o seu primeiro encontro co novo representante da Federación Galega de Xoves Empresarios, José Manuel Valenzuela, e lle trasladou o proxecto da Xunta para revitalizar o tecido empresarial galego. Leer más…

Pradairo volve a Compostela con novos temas o próximo 6 de abril

descarga   Os dez integrantes do grupo de música tradicional Pradairo volven a Compostela o próximo día 6 de abril para interpretar os seus mellores temas e algúns inéditos. Será unha oportunidade única para gozar da mellor posta en escena destes artistas na que poder achegarnos a un sorprendente estilo para os nosos ritmos. Ademais, o venres 5 actuarán no Luar.

As voces, o acordeón, as gaitas, o saxofón, as percusións de man e a compoñente que só Pradairo sabe dar aos nosos temas tradicionais regresan ás táboas do Teatro Principal compostelán o vindeiro día 6 de abril ás 20:30 do serán. As entradas poden mercarse xa a un prezo de 5€ na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado e o día do evento de 18 a 21 horas.

Este concerto non será exclusivamente do seu segundo traballo, ‘Pateado’, senón que ofrecerá unha mestura dos seus mellores temas tanto dese disco coma do primeiro e outros inéditos enmárcase dentro do Ciclo Sons 2013. Este ciclo leva traendo á capital galega músicos de primeiro nivel coma Uxía, Amancio Prada, Coetus ou Pedro Guerra, entre outros. Leer más…