A XUNTA REMITE AO CONCELLO DE PORRIÑO O INFORME COAS CORRECCIÓNS QUE TERÁ QUE INTRODUCIR NO PXOM PARA ACADAR A SÚA APROBACIÓN INICIAL

 

  • O informe autonómico non cuestiona o modelo de planeamento proposto, aínda que aclara as cuestións documentais e formais que deben ser subsanadas polo Concello con carácter previo á aprobación inicial polo Pleno
  • A Xunta considera correctas as previsións de crecemento da poboación e do número de vivendas plantexadas para o período de vixencia do plan
  • A Consellería de Medio Ambiente reitera a súa disposición a coordinarse e colaborar co concello para que Porriño dispoña de PXOM no menor prazo posible

A secretaria xeral de Ordenación de Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, vén de remitir ao Concello do Porriño o Informe Previo á Aprobación Inicial (IPAI) do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste documento sinálanse as correccións e modificacións que se deben introducir no PXOM antes da súa aprobación inicial polo Pleno municipal.

Dende a Secretaría Xeral de Urbanismo sinálase que no informe remitido non se cuestiona o modelo de planeamento que propón o concello, aínda que se solicita a corrección de erros de carácter documental e formais, en cuestións puntuais da clasificación, cualificación e determinacións das clases de solo, normativa, estudo económico, diversos aspectos documentais e lexislación sectorial con incidencia no PXOM.

A modo de exemplo, a documentación aportada non demostra que determinados ámbitos do concello reúnan as características necesarias para ser clasificadas como solo urbano. Do mesmo xeito, existen incongruencias ou erros nas delimitacións de núcleos rurais e de solos urbanizables en diversos lugares da cidade, así como na categorización das especiais proteccións do solo rústico.

 

En canto ao modelo territorial proposto, a Xunta non pon ningunha obxección e considera correctas as previsións de crecemento da poboación e do número de vivendas plantexados para o período de vixencia do PXOM. Así, o plan prevé, na hipótese de maior desenvolvemento demográfico, un incremento de 5.000 habitantes nos 15 anos de vixencia do plan, sobre os 18.000 que hai na actualidade. Para dar resposta a esa demanda, clasifícase solo para 4.500 novas vivendas nas distintas clases de solo que se sumarían ás 9.000 existentes.

Tramitación pendente

Unha vez incorporados os axustes requiridos no IPAI, o concello procedera á aprobación inicial do PXOM no pleno. Simultaneamente expoñerase ao publico ( 2 meses) para a presentación de alegacións e recabaranse os respectivos informes sectoriais. Analizaranse as alegacións e as que se consideren se incorporaran ao documento, así como as resultas dos informes sectoriais. Finalmente, o concello aprobara provisionalmente en pleno o documento e remitirao á Xunta para aprobación definitiva.

 

Na actualidade, o Concello de Porriño réxese por un plan xeral aprobado en xuño de 2003. Dende novembro de 2009, data do contrato co equipo redactor, o Concello está a revisar o PXOM que conta cunha axuda da Xunta de preto de 180.000 euros.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: