O PRIMEIRO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS ORGANIZADO POLA XUNTA EMPEZA MAÑÁ
Esta iniciativa está organizada de xeito experimental pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestucturas
- As primeiras quendas, con 8 voluntarios cada unha, serán desde mañá, 2 de abril, ata o sábado 6 de abril; do 8 ao 12 de abril; do 15 ao 19 de abril; e do 22 ao 26 de abril
- Os participantes obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.