Pradairo volve a Compostela con novos temas o próximo 6 de abril

descarga   Os dez integrantes do grupo de música tradicional Pradairo volven a Compostela o próximo día 6 de abril para interpretar os seus mellores temas e algúns inéditos. Será unha oportunidade única para gozar da mellor posta en escena destes artistas na que poder achegarnos a un sorprendente estilo para os nosos ritmos. Ademais, o venres 5 actuarán no Luar.

As voces, o acordeón, as gaitas, o saxofón, as percusións de man e a compoñente que só Pradairo sabe dar aos nosos temas tradicionais regresan ás táboas do Teatro Principal compostelán o vindeiro día 6 de abril ás 20:30 do serán. As entradas poden mercarse xa a un prezo de 5€ na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado e o día do evento de 18 a 21 horas.

Este concerto non será exclusivamente do seu segundo traballo, ‘Pateado’, senón que ofrecerá unha mestura dos seus mellores temas tanto dese disco coma do primeiro e outros inéditos enmárcase dentro do Ciclo Sons 2013. Este ciclo leva traendo á capital galega músicos de primeiro nivel coma Uxía, Amancio Prada, Coetus ou Pedro Guerra, entre outros.

Unha decena de talento

Pradairo nace no outono de 2006 co obxectivo de levar adiante un proxecto musical que achegase un valor engadido ao traballo de recollida de pezas tradicionais galegas das últimas décadas. Ao pouco de se constituír, en 2007, gaña o certame de música folque de Radio Obradoiro. Logo viñeron dous discos, ‘Aliaxe’, en 2008, e ‘Pateado’ en 2011. Ademais, participaron no concurso Loïc Raison de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient acadando a segunda posición.

Un total de dez cantareiras, cantareiros, gaiteiros, percusionistas e acordeonistas compoñen Pradairo. Persoas todas elas vencelladas á música tradicional galega durante máis de vinte anos, logran ofrecer un produto cultural fresco e actual sen perder de vista nosa música de raíz.

Fin de semana completa

Como previo ao grande concerto do día 6 no Principal, a formación tamén vai participar na véspera actuando no programa Luar da TVG. Alí darán un adianto do que poderemos ver o día seguinte e será unha oportunidade máis para desta proposta de folque actual que ofrece Pradairo

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: