VITRASA ABRE AS SÚAS PORTAS AOS ESCOLARES DA CIDADE

descarga (13)  Dende o comezo da iniciativa en 2005, máis de 14.500 nenos coñeceron as instalacións da compañía
 Estímase que durante os 2 meses que duren as visitas participarán preto de 1.500 rapaces
 Un total de 34 centros escolares de Vigo coñecerán o funcionamento do transporte público na cidade
Vigo, 3 de abril de 2013.- A partir deste mércores 3 de abril, e ata finais de maio, VITRASA recibirá visitas escolares
ás súas instalacións co obxectivo de mostrar aos escolares de Educación Primaria o funcionamento do transporte
urbano en Vigo. Desde que deu comezo esta actividade hai xa nove anos, máis de 14.500 nenos de Vigo coñeceron o
funcionamento do transporte público da cidade. Este ano estímase que serán 34 os colexios que se acheguen ás
instalacións, o que sumará un total duns 1.500 rapaces.
Desprazamento en autobús
As visitas, de hora e media de duración, divídense en dous horarios diferentes, comezando unha ás 9:00 e outra ás
11:30 horas. Un autobús da compañía recolle aos nenos nos seus centros escolares e os traslada ata VITRASA, onde
a visita comeza cunha volta en bus pola chaira das instalacións.
En todo momento, os rapaces están acompañados por persoal da compañía coa fin de poder explicarlles de primeira
man, o funcionamento do transporte público
Dende os talleres á oficina do SAE
Durante a visita, os escolares coñecen a gasolineira, onde os autobuses fan a reposición diaria e contabilízanse os
datos da máquina billeteira. A continuación, os rapaces son guiados ata o tren de lavado, onde gozan da parte máis
divertida da visita.
Os escolares tamén coñecen o funcionamento da Tarxeta Verde, que desde a súa implantación no ano 2001, foi
adaptada aos diferentes colectivos para facilitar o pago no servizo e facelo máis cómodo e económico.
O seguinte punto do percorrido pasa pola zona do taller, onde os nenos poden ver como é a zona de pintura, os fosos
ou os colectores para os residuos xerados pola empresa. Despois, o grupo divídese en dous, un deles pasa a coñecer
a sala de recadación onde os condutores entregan a cantidade acumulada ao longo do día e ao outro se lle explica o
funcionamento do Sistema de Axuda á Explotación (SAE). Este sistema permite coñecer en tempo real a localización
de calquera vehículo da flota de Vitrasa nas rúas da cidade.
Finalmente, durante a última parte da visita os nenos poden observar a evolución dos autobuses da compañía e da
propia cidade a través da colección de fotografías que a concesionaria posúe.
Para máis información: Alejandra Alonso- Rosalía Novoa
Teléfono: 986 44 15 70

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: