XUNTA INVISTE PRETO DE 56.000 EUROS NA MELLORA DO CAMIÑO OUTEIRO-AREEIRO DA PARROQUIA DE NESPEREIRA, EN PAZOS DE BORBÉN

  • descarga (10)  As actuacións van enmarcadas nos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013.
  • O obxectivo fundamental deste tipo de intervencións é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias.

Pazos de Borbén, 02 de abril de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello de Pazos de Borbén para comprobar in situ o resultado da actuación levada a cabo no municipio ao abeiro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013 que concedeu a Consellería do Medio Rural e do Mar e que, neste caso, contou cun investimento total de 55.740,42 euros.

Acompañada polo alcalde da localidade, Andrés Iglesias, a representante da Administración autonómica na área de Vigo explicou que a obra acometida se executou na parroquia de Nespereira, concretamente no camiño Outeiro-Areeiro. Os traballos consistiron fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe, nunha lonxitude de 652 metros lineais e un ancho medio de 4,40 metros ao longo da traza. A capa de rodadura é de aglomerado en quente e espesor de 6 centímetros, previo recrecido dos pozos da rede de saneamento e revestido da gavia sobre unha lonxitude de 159 metros lineais.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Por último, Bravo Bosch lembrou que o investimento nos PEIM 2012/2013 para os 14 concellos que conforman o ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo foi de case 900.000 euros (895.200,04 euros).

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: