EDITORIAL GALAXIA PUBLICA UN LIBRO E DVD SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

%20Boletín%20Un%20chapeu,%20un%20nariz[1]_page1_image4 %20Boletín%20Un%20chapeu,%20un%20nariz[1]_page1_image1 %20Boletín%20Un%20chapeu,%20un%20nariz[1]_page1_image3
EDITORIAL GALAXIA
NOVIDA DE MONTSE PENA PRESAS / GONZALO ENRÍQUEZ VELOSO
Un chapeu negro e un nariz de pallaso
Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño
COLECCIÓN LETRAS GALEGAS 2013
EDITORIAL GALAXIA 2013, 76 páxinas
un libro-DVD con dúas realidades e un único obxectivo.
A primeira realidade está na pantalla, da man do interesante documental de Gonzalo Veloso; onde
a familia, os amigos, os compañeiros de profesión e as investigadoras miran baixo o chapeu negro
para relatar quen era en realidade Roberto Vidal Bolaño, amosando unha singular visión que, sen dúbida,
axudará a comprender mellor a súa obra. A segunda realidade está no libro, no texto escrito por Montse
Pena Presas, que tenta desvelar que hai detrás do nariz de pallaso, achegando dun xeito lúdico e rigoroso
as caractarísticas principais da produción do dramaturgo,sen esquecer o director de escena.
Imaxe e palabra fúndense para conseguir que calquera lectora, calquer espectador, remate o DVD
e peche o volume pensando, unicamente, en mergullarse nas pezas dramáticas de Roberto Vidal Bolaño.
Dende o patio de butacas ou a través dun libro. Porque o teatro achega, tamén, esas dúas máxicas posibilidades.
Montse Pena Presas. Sada, 1981. É licenciada en Filoloxía Galega e DEA en Teoría da Literatura
e Literatura Comparada pola USC; e máster en Edición pola Universidade de Salamanca. Na
actualidade, traballa como profesora no Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias
Sociais da USC, feito que compaxina coa crítica literaria en diversas revistas e xornais e coa investigación
en literatura infantil e xuvenil, o seu ámbito de especialización. Publicou diversos estudos
sobre esta materia e é coautora de materiais didácticos moi variados, entre eles os libros
de Lingua e Literatura Galega para a ESOe Editorial Galaxia ou a Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria
II.Gonzalo Enríquez Veloso. Naceu na Coruña en 1985. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola
UDC, actualmente está realizando a súa tese de doutoramento na área de Teoría da Literatura
e Literatura Comparada, realizou estancias de investigación en universidades como Princeton
University e publicou diversos traballos nos eidos da cultura, a literatura e o audiovisual. Combina a
vida académica coa creación de documentais, entre os que destacan Peregrinos sen retorno, seleccionadono 16º OUFF,
Lois Pereiro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: