A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA MODIFICA AS BASES DOS CAMPAMENTOS DE A LANZADA SEGUINDO A PROPOSTA PLANTEXADA POLA FEDERACIÓN OLÍVICA DE ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS (FOANPAS)

diputacionpontevedraAdoptou o acordo na xunta de goberno de hoxe e amplía o prazo de admisión en 15 días máis

A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra modificou as bases de participación nos campamentos de A Lanzada e de Príncipe Felipe no senso que lle propuxo a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS).

A modificación consiste en incluir o párrafo <No caso de que o solicitante precise apoio específico derivado da súa diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscripción, especificando o máis posible as necesidades especias que presente. Neste caso, recomendase ás familias poñerse en contacto coa Deputación de Pontevedra no teléfono 986 804 100 para a valoración das necesidades de apoio en relación aos medios específicos dispostos para este fin e dirimir a súa suficiencia para unha axeitada estancia de todos os rapaces no campamento>.

Este párrafo virá a sustituir ao vixente dende longos anos, que seguía o establecido nas bases doutros campamentos da Xunta de Galicia _tanto na etapa de goberno do PP como no periodo do Bipartito_ así como de outros como os de Gandarío, Ponte Maril ou A Devesa, e que decía así: <Quedarán excluidos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias, así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñen contraindicadas a súa asistencia ó campamento e ó desenvolvemento normal das actividades>.

Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, sinalou que o prazo para solicitar a inscripción nos campamentos _que remataba hoxe_ queda ampliados en quince días.

Louzán destacou que <non hai Administración pública en todo Galicia que tivera, teña e terá maior sensibilidade para coas personas con discapacidade que a Deputación de Pontevedra>.

Afirmou que os campamentos de A Lanzada pasaron de contar con 400 rapaces no ano 2004 a albergar a 3.000 este ano <e iso que tivemos 6.000 solicitudes>, dixo. Según él, <hai quén quere desvirtuar, por todos os medios, este rotundo éxito e por eso tenta desvirtuar e manipular canto pode>.

Na súa comparecencia, Louzán manifestou que <nunca lle puxemos impedimentos a ninguén para participar, sólo pedíamos que nos informaran en casos particulares>. Engadeu que a Deputación non é partidaria de campamentos exclusivos para ningún sector <senón que somos partidarios da integración>.

Pola súa banda, a deputada de Servizos Sociais, Marta Iglesias, sinalou que as anteriores bases eran similares as de outras administracións <incluida a Xunta de Quitana>, dixo. Os seus termos nunca foron impedimento para excluir a ninguén, según dixo, pois <o campamento sempre funcionou ben, dacordo entre a Administración e os pais e por sentido común>.

<Noutras administracións poñen trabas ata o 33% de discapacidade, sen embargo a Deputación de Pontevedra aceptou casos con índices moi superiores>, afirmou, e por eso para a deputada <a institución provincial é un exemplo para outras, traballa todo o ano con atención especial á discapacidade e inviste nesta faceta 12 millóns de euros só en  Príncipe Felipe>, conclueu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: