Concello de Vigo


O goberno local investiu 31,5 millóns na recuperación do Casco Vello nos últimos seis anos

Abel Caballero avanzou este venres que nos últimos seis anos o goberno local investiu 31,5 millóns en actuacións de recuperación do Casco Vello. Así o explicou durante a inauguración da nova rúa que une San Sebastián con Abeleira Menéndez, no Casco Vello.

 


Caballero anuncia para o luns a apertura do pavillón deportivo da ETEA

Despois da aprobación do acordo de xestión da instalación, en favor do Instituto Municipal dos Deportes, o alcalde anunciou que o próximo luns, 8 de abril, entrará en funcionamento este pavillón. Abel Caballero tamén adiantou que o recinto de Candeán abrirá en «próximos dias».

 


O Concello programa unha mostra educativa sobre a Reconquista para 1.400 escolares

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto a tenente de alcalde e a edil de Educación, comprobaron este venres no Verbum unha das visitas guiadas a cen escolares do Doutor Fleming. Ao longo do mes de abril, 1.400 alumnos dos centros públicos aprenderán con esta actividade a historia da Reconquista da vila de Vigo.

 


O goberno local revisa con Míchel Salgado o estado de tramitación do Barrio do Cura

O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantiveron este venres unha reunión co exfutbolista e promotor inmobiliario para, entre outras cuestións, pasar revisión ao estado de tramitación do Barrio do Cura, un proxecto que o goberno de Vigo ve «moi importante para a cidade».

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: