FEIJÓO SUBLIÑA QUE O CONTROL DAS CONTAS DE GALICIA FAI QUE SEXA A PRIMEIRA COMUNIDADE QUE DESDE MARZO “TEN COLOCADA AO 100 POR 100” A SÚA DÉBEDA PÚBLICA NOS MERCADOS

fei  O xefe do Goberno galego presidiu hoxe o acto conmemorativo do 35 aniversario da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME)

  • Salienta que o seu Goberno “centrou o foco no xeito de volver a ser una economía competitiva e para ser una economía competitiva é necesario que o sector público non sexa un lastre, senón o contrario, que o sector público sexa un acicate”
  •  “Do mesmo xeito que as empresas saneadas son as únicas que teñen capacidade de supervivencia,  as administracións saneadas son aquelas que estarán na vangarda na saída do túnel da crise económica”, remarca
  • Afirma que a maior achega da xunta ás empresas é ter unhas contas saneadas para facer de galicia “un selo de confianza” que lles permita presentarse no mundo como “sinónimo de garantía, de solvencia e  de fiabilidade”
  • Subliña que o control das contas permite manter hoxe os servizos sociais e non ter que acudir “ao rescate do Goberno de España” e é “unha marca de solvencia que facilita ás empresas galegas presentarse nos mercados”
  • Destaca que Xunta e ASIME coinciden en que na competitividade, na innovación, na internacionalización e na formación profesional están as claves coas que reactivar a economía

Mondariz Balneario (Pontevedra), 5 de abril de 2013.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que grazas á estratexia de control das contas contas públicas, Galicia se converteu no mes de marzo na primeira Comunidade que “ten colocada ao 100 por 100 a súa débeda pública nos mercados tradicionais”.

Resaltou que o feito de que Galicia teña confianza nacional e internacional e o feito de que Galicia teña abertas as portas dos mercados financeiros nacionais e internacionais, “acredita que é unha estratexia que debemos de seguir mantendo”.

Durante o acto de celebración do 35 aniversario da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME), Feijóo defendeu que o Goberno galego “centrou o foco no xeito de volver a ser una economía competitiva, e para ser una economía competitiva é necesario que o sector público non sexa un lastre, senón o contrario, que o sector público sexa un acicate”, sinalou.

Mostrouse convencido de que a maior achega que o Goberno galego pode facer ás empresas do país é ter unhas contas saneadas para facer de Galicia “un selo de confianza” que lles permita presentarse no mundo como “sinónimo de garantía, de solvencia e de fiabilidade”. “Con ese horizonte traballamos e ese horizonte de ter unhas contas saneadas entendemos que é a mellor contribución ás nosas empresas”, afirmou.

Feijóo asegurou que o control das contas permite manter hoxe os servizos sociais e non ter que acudir “ao rescate do Goberno de España” e é “unha marca de solvencia que facilita ás empresas galegas presentarse nos mercados” . “E isto dá resultados –engadiu-, porque “do mesmo xeito que as empresas saneadas son as únicas que teñen capacidade de supervivencia,  as administracións saneadas son aquelas que estarán na vangarda na saída do túnel da crise económica”.

O titular da Xunta insistiu na eficacia do “selo de confianza” do Goberno e das industrias, que permitiu anunciar esta mesma semana o lanzamento de dous novos modelos de Citröen desde a súa factoría en Vigo, o que fará posible a creación de mil novos empregos este mesmo ano e suporá incrementar en máis dun terzo a capacidade de produción de vehículos” na comunidade, mantendo ao mesmo tempo a actividade na industria auxiliar.

Traballo conxunto

Na súa intervención o presidente galego puxo de relevo o carácter estratéxico das 800 empresas que ASIME representa, polas ducias de empregos que aglutinan e pola súa achega de preto do 22% ao PIB industrial da Comunidade.

Con ASIME, Feijóo dixo que a Xunta coincide nas claves para a reactivación económica. Así, asegurou que ambas as dúas coinciden na aposta pola formación como ferramenta de emprego. Unha visión compartida que, dixo, deriva en iniciativas conxuntas como Empreganav, que inviste preto de 3,1 millóns de euros no fomento da reciclaxe profesional e na asistencia na busca de emprego para os parados do metal e a industria auxiliar galega.

Tamén dixo coincidir coa asociación metalúrxica na necesidade de “avanzar con paso firme na consolidación dun marco laboral que garanta a seguridade e a saúde dos traballadores; como queda patente na colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e ASIME para a mellora das políticas de prevención dos riscos laborais.

De igual xeito, destacou que o Goberno galego e ASIME tamén coinciden moi especialmente “no diagnóstico de que o futuro modelo de crecemento do noso país terá que basearse na competitividade”. Por iso, asegurou que ambas as dúas comparten “un plan de acción orientado a poder competir nun contorno global de alta exixencia, e que ten como vectores clave a innovación e a internacionalización”.

Feijóo salientou que a Xunta, ao igual que ASIME “foi pioneira nas estratexias de captación dos mercados exteriores”, como proba a Rede Pexga ou o continuo incremento das partidas destinadas a fomentar a internacionalización das empresas, que ascenden este ano a 20 millóns de euros, un 10% máis que o ano pasado, precisou.

“Esa estratexia comeza a ver os seus froitos”, resaltou Feijóo, para destacar a transcendencia das misións comerciais emprendidas conxuntamente por ASIME e a Xunta en Iberoamérica, que “viñeron abrir unha porta á esperanza” para un sector naval inmerso en graves dificultades. Unha esperanza da que dixo que agarda que se concrete pronto en feitos.

E igualmente frutífera, dixo Feijóo, que é a coincidencia de fixar na innovación empresarial o outro piar sobre o que construír a recuperación da economía galega. Un obxectivo para o que a Xunta activou a Lei Galega de Investigación, a Axencia Galega de Innovación, ou unha partida orzamentaria de 148 euros en 2013; ademais dos 60 millóns de euros captados dos fondos comunitarios ou a segunda convocatoria do Programa Interconecta, sendo actualmente Galicia a única Comunidade que ten ata o momento publicada no BOE esta nova convocatoria.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: