O BNG renova os seus órganos de dirección no Baixo Miño

descarga

Xosé Manuel Méndez  é reelixido Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño e Marisa Guerra será a nova Vice-Responsábel Comarcal

A Asamblea de militantes do Bloque Nacionalista Galego no Baixo Miño ven de elixir o seu novo Consello Comarcal .  O novo organismo, proposto por unanimidade do Consello Comarcal saínte, está formado por 14 membros e conta tanto con persoas de dilatada experiencia política e institucional -caso do propio Responsábel Comarcal, Xosé Manuel Méndez; Sandra González, Alcaldesa en Tomiño; Alberte Alonso, Portavoz Municipal no Rosal; Uxío Benítez, Tenente Alcalde en Tomiño ou Xan Lois Lomba, Portavoz Municipal na Guarda– coma con militantes nacionalistas que se integran por primeira vez nos órganos de dirección da organización –caso de Ana Bermejo, vencellada dende hai anos ao mundo asociativo ou Marisa Guerra, que ocupará o posto de Vice-Responsábel Comarcal.

A este Consello Comarcal sumaránse os/as Responsábeis Locais do BNG que resulten eleitos no proceso Asemblear que se realizará en cada localidade do Baixo Miño.

Na súa intervención na asemblea comarcal, que forma parte do proceso de renovación dos órganos de dirección do BNG logo da XIV Asemblea Nacional, Xosé Manuel Méndez  referiuse á reafirmación do nacionalismo como unha verdadeira necesidade para Galiza e ao BNG como o mellor instrumento para o avance social da nosa nación:  “Nuns tempos tan duros como os que estamos a vivir é cada día máis evidente que non é posíbel darlle saída á situación do sector agrogandeiro, pesqueiro, naval e industrial galegos sen poder de decisión como país, sen soberanía. Por iso resulta imprescindíbel o BNG, porque Galiza non pode saír da crise baixo os deseños de Madrid e da Troika; Galiza só poderá saír da crise se ten capacidade para decidir por si mesma o seu futuro”.

O Responsábel Comarcal tamén fixo referencia á importancia do BNG nos concellos e puxo a Tomiño como exemplo do traballo que o Bloque Nacionalista Galego fai onde ten responsabilidades de goberno: “Mentres o resto dos concellos reduciron os seus orzamentos municipais para este ano, en Tomiño medraron un 12%; mentres nos outros concellos se segue unha política de recortes en Goián van crear a segunda Escola Infantil do Concello. Aí está a demostración de que existe outra forma de gobernar e así goberna o BNG”

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: