Archivo | abril 6, 2013

O BNG renova os seus órganos de dirección no Baixo Miño

descarga

Xosé Manuel Méndez  é reelixido Responsábel Comarcal do BNG no Baixo Miño e Marisa Guerra será a nova Vice-Responsábel Comarcal

A Asamblea de militantes do Bloque Nacionalista Galego no Baixo Miño ven de elixir o seu novo Consello Comarcal .  O novo organismo, proposto por unanimidade do Consello Comarcal saínte, está formado por 14 membros e conta tanto con persoas de dilatada experiencia política e institucional -caso do propio Responsábel Comarcal, Xosé Manuel Méndez; Sandra González, Alcaldesa en Tomiño; Alberte Alonso, Portavoz Municipal no Rosal; Uxío Benítez, Tenente Alcalde en Tomiño ou Xan Lois Lomba, Portavoz Municipal na Guarda– coma con militantes nacionalistas que se integran por primeira vez nos órganos de dirección da organización –caso de Ana Bermejo, vencellada dende hai anos ao mundo asociativo ou Marisa Guerra, que ocupará o posto de Vice-Responsábel Comarcal. Leer Más…