Traballo Bienestar da Xunta de Galicia

BENESTAR APOSTA POLO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS MAIORES

  • A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, inaugurou hoxe o Foro de Relacións Interxeneracionais, enmarcado no proxecto Envellecemento+Activo do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP)
  • Piñeiro explicou que o proxecto de teleasistencia avanzada MiAvizor permite atender ás persoas maiores sen que suceda unha urxencia proporcionando información continua as 24 horas do día
  • Despois da experiencia piloto que tivo lugar o ano pasado, en 2013 instalaranse 500 dispositivos en concellos do rural de Lugo e Ourense
  • De feito, a finais deste mes haberá xa 100 instalados no marco deste proxecto no que o departamento autonómico investirá máis de 800.000 euros ata 2015
  • Así mesmo, Coro Piñeiro indicou que tamén se están a desenvolver outros proxectos piloto de teleasistencia avanzada como o Servizo de Telexerontoloxía ou a plataforma Sam-TV.
  • descarga (1)  APROBADO O PLAN DE DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA, QUE AMPLÍA AS SÚAS MEDIDAS DE 50 A 71 TRAS O TRÁMITE PARLAMENTARIO
    • A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, compareceu hoxe na comisión parlamentaria que deu a aprobación a esta folla de ruta que se estenderá ata 2016
    • O documento suma, ás 50 actuacións planteadas inicialmente, as 4 emendas aceptadas hoxe, e as 17 novas medidas incluídas no debate da anterior lexislatura cos grupos parlamentarios
    • O obxectivo é dar solucións a un “problema real e estrutural” de Galicia, que se sitúa como a segunda autonomía cun maior índice de envellecemento
    • Trátase dun plan transversal, acorde coas directivas europeas, e que tivo en “moi en conta” as achegas da Comisión non permanente de Estudo para a elaboración do Plan
    • González destacou 5 das 71 medidas que contan cun orzamento de 90 millóns de euros: a mellora dos beneficios fiscais, as casas niño, o servizo de axuda no fogar para a infancia, as axudas ao acceso á vivenda, e transporte público.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: