O LUNS COMEZA A FUNCIONAR O CENTRO DE ACOLLIDA E PROTECCIÓN DE ANIMAIS ABANDONADOS DA DEPUTACIÓN

descarga  O LUNS DÍA 8 INÍCIASE A ACTIVIDADE DO  CENTRO DE ACOLLIDA E PROTECCIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DA DEPUTACIÓN, O PRIMEIRO DE CARÁCTER PÚBLICO AUTORIZADO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • ·        O centro conta cun grande equipamento técnico e de persoal; promoverá iniciativas para a redución de abandonos, levará a cabo actividades didácticas en centros escolares, e ten posibilidades de ampliación para dar cabida ós animais acollidos.
  • ·        Actualmente son 48 os concellos adheridos ó servizo provincial que suman máis de 375.000 habitantes
  • ·        Concellos adheridos ó programa como A Estrada acadarán tras adherirse a este servizo provincial un aforro do 45,61%; A Guarda aforrará un 73,34%; Mos un 62,65%; Tomiño un 73,84%; e Sanxenxo un 67,03% O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou hoxe que o vindeiro luns día 8 de abril vaise a iniciar a actividade no  centro de Acollida e Protección de Animais Domésticos da Provincia (CAAN), xestionado pola empresa estatal pública TRAGSA, e baixo a tutela da Deputación. O titular da Deputación visitou hoxe as instalacións situadas no lugar de Busto, en Armenteira, Meis, acompañado polos alcaldes de Meis e Meaño, polo responsable de Tragsa, Santiago Diaz; e polo xefe do servizo de Asistencia Intermunicipal da Deputación, Gabriel Rodríguez Alonso.O Centro de acollida e protección será un referente a nivel provincial xa que é o primeiro de carácter público autorizado pola Xunta. Segundo informou o titular da Deputación, “o centro ten capacidade para 500 animais e conta cun grande equipamento técnico e de persoal; promoverá iniciativas para a redución de abandonos, levará a cabo actividades didácticas en centros escolares, e ten posibilidades de ampliación no futuro para dar cabida a máis animais”. Así mesmo, compre salientar que a Deputación garantirá o máximo respecto ás necesidades, ó benestar e ós  dereitos dos animais adiantándose ó marco xurídico solicitado na resolución de xullo de 2012 da Eurocámara.

    O centro de acollida e protección de animais domésticos de Pontevedra (CAAN) está ideado para a recollida, mantemento e coidado dos animais abandonados pero tamén aspira a achegar medidas que reduzan a incidencia do abandono:

    1. Identificación animal: Todos os animais que se entreguen no CAAN serán previamente identificados e incluídos no Rexistro de Animais Domésticos e Salvaxes de Galicia.
    1. Control de poboacións: todos os animais adoptados serán previamente esterilizados sen custo ningún para o seu novo propietario.
    1. Campañas de sensibilización dirixidas a grupos escolares no propio CAAN e nos colexios. Está previsto que os escolares sexan quen deseñen e debuxen a fachada do centro de acollida, actualmente en cemento.
    1. Tamén, mediante un convenio coa Universidade de Santiago, os alumnos do último curso de Veterinaria de Lugo poderán realizar estancias no centro, participando activamente nas tarefas de atención dos animais.
    1. Formación: O CAAN está deseñando unhas xornadas dirixidas a técnicos municipais e axentes locais. Este tipo de xornadas estarán dirixidas nunha segunda fase a outros axentes implicados como son os veterinarios clínicos e as asociacións protectoras.
    1. Persecución e seguimento das infraccións por abandono e maltrato animal: o CAAN practicará as denuncias correspondentes ós casos recibidos no centro, perseguindo así actos irresponsables e penados pola normativa actual.

    Funcionamento e xestión

    Todas as intervencións deberán ser xestionadas a través dos distintos concellos adheridos que serán os encargados de poñerse en contacto coa empresa que xestiona o centro para dar inicio ó procedemento. É dicir, os cidadáns, deberán poñerse en contacto co seu concello para solicitar a intervención da CAAN.

    Unha vez no centro un veterinario e tres coidadores encargaranse dos coidados e tratamentos do can, ata que este sexa recollido polo seu propietario. No caso de que teña o chip de identificación, contactarase co dono que terá dez días de prazo para recoller o can, segundo estipula a Lei. No caso de que non o recolla, pasado este tempo, o animal pasa a ser considerado en abandono e iniciarase un procedemento administrativo e sancionador contra o seu responsable.

    Para aqueles casos nos que o animal sexa declarado abandonado favorecerase a súa adopción que será totalmente gratuíta.  O persoal do CAAN traballará para paliar as consecuencias do abandono, prestándolles a estes animais as atencións necesarias Traballarase na realización de programas de enriquecemento ambiental e de socialización de animais. O obxectivo final, que será loitar por reducir o abandono e paliar, na medida do posible, as súas consecuencias. En todo caso, compre destacar que non se contempla o sacrificio dos animais.

    O centro de acollida e protección de animais será xestionado por TRAGSA, unha empresa 100% pública ó servizo da Administración que obtivo óptimos resultados na xestión de centros de acollida de animais (Mougá, Ferrol) e colabora co Ministerio de Medio Ambiente e as Consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Trátase dunha empresa pública que fomenta as adopcións; que ten un gran potencial de resposta: persoal, material, xurídico e administrativo; e que conta cun equipo veterinario formado e cualificado. No caso de Ferrol, o ano pasado acadaron sobre a poboación de cans abandonados un o 88% de adopcións.

    Prezo competitivo

    En relación ó financiamento cómpre lembrar que os concellos achegarán 0,30 céntimos por habitante e a Deputación a cantidade restante ata cubrir o custo do servizo, estimado en 250.000 euros.

    Tendo en conta que a poboación que se beneficiará deste servizo é na actualidade de 378.771 habitantes, o prezo por habitante (0,66 euros) é moi competitivo xa que, se o comparamos co orzamentado no seu día por outras entidades e empresas para levar o servizo nunha poboación de 73.000 habitantes, os técnicos observaron que o ratio do prezo é de 2,86 euros por habitante, é dicir, un 466 % máis elevado có da Deputación.

    Sobre este respecto, concellos adheridos ó programa como A Estrada acadarán tras adherirse a este servizo provincial un aforro do 45,61%; o Concello de A Guarda aforrará un 73,34%; Mos un 62,65%; Tomiño un 73,84%; e Sanxenxo un 67,03%.

    48 concellos adheridos

    O abandono de animais ademais dun problema humanitario, representa un grave problema de salubridade pública e seguridade viaria. Por  exemplo no ano 2011 os cans abandonados provocaron nas estradas da provincia de Pontevedra 193 accidentes, cun balance de 3 feridos graves e 34 leves.

    Para dar solución a este grave problema a Deputación aprobou o 27 de xullo de 2012, por unanimidade de todos os grupos, un Convenio coas entidades locais da provincia de menos de 50.000 habitantes. De momento xa son 48, aínda que en breve se prevé que sexan 51,  os concellos adheridos ó servizo provincial que suman máis de 375.000 habitantes, sendo a estimación final de dar servizo a 400.000 habitantes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: