A CIG esixe o mantemento de todos os postos de traballo e das condicións laborais en Pescanova

cig  Reclámalle ao consello de administración responsabilidade, rigor e seriedade, ademais da presentación das contas e dun plan estratéxico que permita renegociar a débeda con bancos e acredores para lograr liquidez

A CIG esixe o mantemento de todos os postos de traballo nas distintas empresas do grupo Pescanova, así como das condicións laborais dos empregados e empregadas da firma de alimentación. A central nacionalista celebrou unha asemblea cos delegados/as e afiliados/as para analizar a situación aberta tras o anuncio de entrada en Lei Concursal, tras a que anunciou que defenderá os actuais convenios colectivos e reclamará incrementos salariais “tendo en conta os resultados económicos positivos obtidos polas empresas do grupo en 2012”.

A FGAMT-CIG celebrou este sábado en Vigo unha asemblea cos delegados/as sindicais e afiliados/as do grupo empresarial para abordar a situación aberta tras o anuncio da dirección de que se acollerá á Lei Concursal. Ao remate da xuntanza, dende a central nacionalista fixeron públicas as seguintes consideracións:

-A CIG non comparte coa presidencia de Pescanova os mensaxes de tranquilidade e  apoio respecto da xestión do consello de administración, por entender que non existe a información necesaria respecto da situación presente e de futuro do grupo.

 

-A central nacionalista está en desacordo de como se está a levar o proceso xa que a imaxe negativa que se está a ofrecer (contas non claras, división no consello, disputas cos auditores, etc) provoca un dano considerábel no grupo que será difícil de recuperar a curto-medio prazo.

 

-A CIG insta á presentación das contas e dun plan estratéxico para poder renegociar a débeda coas entidades bancarias e cos acredores co obxectivo de lograr liquidez e tranquilizar os mercados e os posíbeis inversores.

 

-A central nacionalista defende proxectos, non a persoas nin a organismos (consellos de administración) que ao día de hoxe se revelaron como un obstáculo na solución desta problemática. Polo tanto, amosa o seu compromiso con todos os postos de traballo nas distintas firmas do grupo (Frigodis, Frivipesca, Frinova…).

 

Nesta liña, dende a CIG adiantan a súa intención de esixir o mantemento dunhas condicións laborais dignas utilizando como marco os actuais convenios colectivos e rexeitan que “mentres os directivos se subiron o soldo un 15% días antes de saberse o do concurso de acredores, pouco despois anunciaron a conxelación ou diminución dos salarios”.

 

Diante disto, a estratexia da o sindicato pasará pola defensa dos convenios colectivos e das condicións laborais, demandando incrementos de salario “tendo en conta os resultados económicos positivos que obtiveron as empresas do grupo en 2012”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: