A ESCOLA COOPERATIVA MÓBIL CHEGA HOXE AO CIFP A GRANXA DE PONTEAREAS PARA DIVULGAR AS VANTAXES DESTA FÓRMULA EMPRESARIAL

  • Estará situada ata o próximo 12 de abril neste centro educativo
  • Está orientada principalmente aos rapaces de últimos cursos que van rematar os estudos, e o seu obxectivo é ofrecerlles unha posible alternativa de traballo a través das cooperativas

Ponteareas (Pontevedra), 8 de abril de 2013.- A Escola cooperativa móbil da Consellería de Traballo e Benestar chega hoxe ao  Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) A Granxa de Ponteareas, no que permanecerá ata o próximo 12 de abril.

Trátase dunha iniciativa de divulgación, promovida a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, que consiste nunha aula itinerante que se inscribe dentro dunha campaña máis ampla de divulgación das potencialidades do cooperativismo entre a mocidade. O obxectivo é amosar as vantaxes desta fórmula empresarial como saída laboral para sacar adiante iniciativas emprendedoras

Está orientada principalmente aos rapaces de últimos cursos do centro que van rematar os estudos e que en moitos casos queren traballar. A finalidade é ofrecerlles unha alternativa a través das cooperativas

 

Na aula ofrecerase información actualizada e completa sobre o cooperativismo, orientación especializada por parte de técnicos, e un programa de actividades moi completo para situar nun primeiro plano o cooperativismo como unha opción laboral de futuro. Así, os monitores ensinarán aos alumnos do CIFP A Granxa as vantaxes desta fórmula mediante sesións prácticas co obxectivo de transmitirlles dunha maneira amena e atractiva os valores deste modelo empresarial, as súas habilidades sociais e os pasos necesarios para crear esta fórmula de negocio, así como tamén abordará a análise de casos de éxito.

 

Esta aula móbil xa ten pasado por diferentes localidades da provincia de Pontevedra, así como por centros das provincias de Lugo, Ourense e a Coruña, onde acadou un gran éxito entre alumnos e profesores. En total, a Escola cooperativa chegará a máis de 25 centros de todo o territorio galego.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: