A XUNTA DESTINA MÁIS DE 3 MILLÓNS DE EUROS PARA A MELLORA DA PRODUTIVIDADE DOS BANCOS MARISQUEIROS CON PERDA DE PRODUCIÓN

  • Esta liña de axudas destínase a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, co obxecto de contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos

Santiago, 8 de abril de 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 3.175.000 euros á mellora da produtividade dos bancos marisqueiros con perda de produción. Esta liña de axudas destínase a proxectos colectivos de acondicionamento mariño e rexeneración, co fin de contribuír de forma sustentable a mellorar a xestión e conservación dos recursos mariños vivos.

A Consellería do Medio Rural e do Mar publica hoxe a orde de achegas para este ano no Diario Oficial de Galicia, a través da cal se pretende incrementar as zonas de produción, dinamizar as zonas costeiras e crear máis postos de traballo nas diferentes áreas do litoral galego. A contía das axudas será cofinanciada polo Fondo Europeo da Pesca nun 75 %.

Os beneficiarios destas subvencións serán as entidades do sector pesqueiro coma confrarías, organización de produtores, cooperativas do mar ou asociacións de profesionais do sector que teñan a súa sede social en Galicia.

Os proxectos a presentar deberán explicar os obxectivos que se perseguen e conter unha descrición das accións que se pretenden emprender, cun calendario de realización e melloras esperadas con cada unha delas e con referencia expresa ás previsións de creación ou consolidación de emprego. Ademais, deben incluír un proxecto técnico que permita determinar a viabilidade do proxecto e o plano de localización das accións previstas. O prazo de presentación de solicitudes abre mañá e finalizará dentro dun mes.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: