Cursos de matemática danzada para mestres e arrolos para bebés en Teo con Mercedes Prieto

descarga (3)  10, 11 E 12 DE MAIO

Formación en danza para mestres de matemáticas e arrolos para todos os públicos cos novos cursos de Merlo Branco en Teo

A entidade de xestión Cultural Merlo Branco, en colaboración co Concello de Teo, ofrece dous cursos formativos para o vindeiro mes de maio. ‘Matemática danzada’ e ‘Cantigas e nanas do mundo para bebés’ son as dúas propostas ás que se poderá asistir na Casa Común Marisa Mirás de Calo (Teo) no vindeiro mes de maio. O prazo de inscrición xa está aberto.

Así, os días venres 10 de maio de 18 a 21 h e o sábado 11 de maio de 11 a 14 h e de 16 a 20h, as e os mestres de primeiro e segundo ciclo de Primaria e o público interesado na danza, nas matemáticas e na didáctica poderán aprender a través da mestra de danza Mercedes Prieto como  resolveren problemas de forma imaxinativa e creativa, evitando a frustración, apoiaren as operacións lóxicas elementais non só na linguaxe gráfica senón tamén na linguaxe corporal así como desenvolveren estratexias persoais e colectivas para solucionar problemas e asumir unha actitude crítica ante os resultados, entre outros aspectos.

Cunha duración de 10 horas, 25 prazas e un prezo de 35 euros por persoa, a Casa Común Marisa Mirás de Calo (Teo) converterase nun laboratorio de ideas e xeitos de abordar o ensino dos números dunha maneira novidosa para as e os mestres de xeito que o profesorado consiga que os cativos, desde cedo, aprendan a gozar coas matemáticas.

Por outra banda, as nais, os pais, as embarazadas e os bebés de 0 a 8 meses poderán promover a creación de lazos afectivos importantes para o desenvolvemento do bebé, proporcionándolle unha identidade dentro da sociedade que o está acollendo no curso de arrolos e nanas que Merlo Branco programará o vindeiro domingo 12 de maio de 11 a 19 h podendo escoller as e os asistentes a hora que mellor lles conveña, xa que o programa se divide en sesións de 60 minutos.

Cun prezo de 5 euros por persoa, poderemos achegarnos ao percorrido polas doces melodías que tranquilizan os nenos de diferentes culturas que Mercedes Prieto preparou para este curso. Oír e cantar, facendo os movementos que nos relacionan co noso bebé e cos outros bebés do mundo, que transmiten un amor infinito e que teñen como mellor alimento o afecto.

Tal e como explican os organizadores, desde que nacemos estamos predispostos e espertos para o coñecemento. Cando se cantan arrolos para adormecer ou calmar ó bebé, esas melodías e sons, acompañados de movementos ritmados, que foron inventados hai moitas xeracións, son o primeiro contacto do bebé coa música e a danza.

Para ambos os dous cursos, o prazo de inscrición xa está aberto e poden reservarse prazas chamando ao 981 807 642 (de luns a venres, de 10:30 a 14h) ou en producions@merlobranco.com. O dito prazo de inscrición remata o vindeiro día 3 de maio. Os dous programas formativos postos en marcha por Merlo Branco en colaboración co Concello de Teo terán lugar na Casa Común Marisa Mirás de Calo, Teo, A Coruña (no Local de Ensaio de Calo, primeiro andar).

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: