LETE LASA AVANZA QUE O FUTURO DECRETO DO DEPORTE DE ALTO NIVEL EN GALICIA RECOLLERÁ EXPRESAMENTE A FIGURA DO ADESTRADOR

O secretario xeral para o Deporte asistiu esta tarde en Vigo á presentación da VI Xornada de Actualización. Comité Galego de Adestradores de Fútbol

  • Considera que o adestrador, por canto ostenta a dirección do equipo, debe ir moito máis alá dos coñecementos tácticos e realizar un labor multifacético no que se conxuguen doses doutras capacidades como a negociación, o liderado, o enlace ou a representación

Vigo, 8 de abril de 2013.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, avanzou hoxe que o futuro Decreto do deporte de alto nivel de Galicia, que actualmente está en fase de tramitación, recollerá expresamente a figura do adestrador de alto nivel, conscientes, dixo, de que a “complexidade e dificultade” desta profesión han de ser “recoñecidas e amparadas” nunha normativa. Así o subliñou durante a presentación, esta tarde en Vigo, da VI Xornada de Actualización. Comité Galego de Adestradores de Fútbol.

Na súa intervención, o secretario xeral para o Deporte lembrou que, a pesar de que o deporte sempre leva aparellados uns valores, ás veces, concita tamén a existencia de elementos e de situacións que “lamentablemente –dixo-, non sempre poden ser considerados como auténticos valores deportivos”. Referiuse así ao individualismo, ao utilitarismo, á non asunción de responsabilidades ou a outros comportamentos cos que “todo adestrador debe enfrontarse nun vestiario”.

Po iso, remarcou, xestionar estas condutas e estas situacións é unha tarefa “que require de grandes doses de formación e capacidades, no obxectivo, autorizado e lexítimo, de obter resultados exitosos”. Unha tarefa que está encomendada ao adestrador deportivo, unha figura “fundamental” que, ao seu entender, debe ir “moito máis alá dos coñecementos tácticos”. Por iso, subliñou, a figura do adestrador, “por canto ostenta o labor de dirección do equipo, debe realizar un labor multifacético no que deben conxugarse doses doutras capacidades como a negociación, o liderado, o enlace o a representación”, concluíu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: