XUNTA E PORTO DE VIGO INCREMENTARÁN O INTERCAMBIO DE DATOS CO FIN DE ACADAR UNHA MAIOR PROTECCIÓN DOS RECURSOS NATURAIS DO ENTORNO DO PEIRAO

A Consellería de Medio Ambiente e a Autoridade Portuaria asinan hoxe un convenio de colaboración que mellorará o sistema de información entre ambos organismos

  • O Goberno galego e o porto vigués coordinaranse para levar a cabo o control da calidade da auga ou o aire, os niveis sonoros ou as estacións meteorolóxicas
  • MeteoGalicia manterá a estación meteorolóxica do peirao de Trasatlánticos proporcionando a información ao porto e a web, e instalará unha nova estación océano- meteorolóxica na baliza situada en Punta Borneira
  • Medio Ambiente está a traballar para que esta fórmula de cooperación se estenda a todos os Portos de Interese Xeral de Galicia, tendo en conta que no caso dos da Coruña e Vilagarcía, a tramitación dos convenios xa se atopa moi avanzada

Vigo (Pontevedra), 8 de abril de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López- Chaves, que ten como obxectivo dúas liñas estratéxicas do labor da consellería: a protección do medio ambiente e a preservación dos recursos naturais, neste caso, no contorno do Porto de Vigo.

 

Segundo explicou Agustín Hernández trátase de incrementar o intercambio de información  entre ambas administracións e, en consecuencia, acadar un maior control ambiental, un feito que supón un paso máis para o Porto de Vigo, que tivo un fito destacado na certificación EMAS acadada en decembro de 2010.

 

Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria de Vigo coordinaranse para levar a cabo o control da calidade da auga ou o aire, os niveis sonoros ou as estacións meteorolóxicas.

 

No que se refire ao control da calidade da auga e as verteduras, realizaranse mostraxes en dous puntos concretos das augas do porto, que proporcionarán medidas de temperatura, salinidade, PH ou turbidez, entre outros parámetros. Todos os datos terán carácter público, o que suporá un incremento na transparencia na información e unha maior democratización da información.

 

En relación ao control da calidade do aire, efectuarase unha campaña anual grazas á unidade móbil da Xunta de Galicia. Mediranse contaminantes gaseosos e partículas no aire ambiente.

 

No eido do control dos niveis sonoros,  a Autoridade Portuaria porá a disposición da Xunta os datos dos niveis sonoros diurnos e nocturnos.

 

No convenio tamén se contemplan as estacións meteorolóxicas, xa que a información das instalacións dispoñibles pola Autoridade Portuaria de Vigo pasará a ser parte da rede de control da Xunta de Galicia. MeteoGalicia proporcionará diagnósticos e predicións procedentes dos seus modelos de alta resolución para o entorno do Porto de Vigo desenvolvidos no marco do proxecto RAIA (Galicia-Norte de Portugal). Así mesmo, MeteoGalicia encargarase de manter a estación meteorolóxica situada no peirao de Trasatlánticos proporcionando a información ao porto e a web, e instalará unha nova estación océano- meteorolóxica na baliza situada en Punta Borneira. Pola súa banda, o Porto de Vigo proporcionará os datos das súas instalacións de medida, como por exemplo o mareógrafo.

 

Coordinación ambiental

O presente acordo enmárcase na colaboración que a Consellería de Medio Ambiente vén mantendo co sistema portuario a longo dos últimos anos e que permitiu a sinatura en 2011 dun Convenio con Puertos del Estado en materia de modelización e observación ambiental.

 

O obxectivo do departamento que dirixe Agustín Hernández é que esta fórmula de cooperación se faga extensiva proximamente a todos os Portos de Interese Xeral de Galicia. No caso dos portos da Coruña e Vilagarcía de Arousa, a tramitación dos convenios xa se atopa moi avanzada.

 

Este intercambio de datos redundará nunha maior protección do medio ambiente e un mellor servizo ós cidadáns e ás empresas. Contar con sistemas de observación ambiental propios, coordinados e adaptados as particularidades do territorio permite dispoñer de información específica e eficaz, fundamental non só para a prevención de riscos inmediatos, senón tamén para enfrontar retos a máis longo prazo.

 

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: