Archive | abril 10, 2013

No Concello de Salceda de Caselas o feito de dicirlle a un político que faga mellor as cousas supón a apertura dun expediente disciplinario

CIG denuncia a actitude ditatorial do Alcalde e Concelleiros do BNG no goberno de Salceda de Caselas respecto á persecución que fai a algúns dos seus traballadores/as; e en concreto nestes momentos ao delegado sindical da CIG.

O simple e común motivo de comunicarlle a un responsable de area que debería aprender a facer mellor o seu traballo, foi motivo de apertura de expediente disciplinario no Concello de Salceda de Caselas. O que está a ser un dos primeiros expedientes disciplinarios na historia do Concello, ábrese porque un traballador responsable pide máis calidade no traballo dos responsables de área, co obxectivo final de que o Concello xustifique as mellor as subvencións recibidas  doutras administracións; e así seguir beneficiándose ano a ano delas…… ou de máis se é posible. Leer más…

A XUNTA PROMOCIONA OS PRODUTOS GALEGOS DO AGRO E DO MAR NO SALÓN GOURMETS DE MADRID

  • descarga (4)  O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, visitará hoxe a feira e asistirá á degustación de receitas das Indicacións Xeográficas Protexidas Ternera Gallega e Castaña de Galicia
  • Mañá o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, tamén apoiará coa súa presenza este evento
  • Deste xeito, a Consellería do Medio Rural e do Mar apoia ás 35 empresas galegas e aos 22 consellos reguladores de produtos da agroalimentación presentes neste certame.

A XUNTA INVISTE MÁIS DE 68.000 EUROS NA MELLORA DE TRES CAMIÑOS DAS PARROQUIAS DE TORROSO, DORNELAS E TAMEIGA, EN MOS

  • descarga (3)  As actuacións van enmarcadas nos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013.
  • O obxectivo fundamental deste tipo de intervencións é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias.

Vigo, 09 de abril de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello de Mos para comprobar in situ o resultado de tres actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013 que concedeu a Consellería do Medio Rural e do Mar e que, neste caso, contou cun investimento total de 68.103,91 euros. Leer más…

A XUNTA PUXO A DISPOSICIÓN DO SECTOR PRIMARIO GALEGO 233 MILLÓNS DE EUROS DENDE A APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS

A conselleira do Medio Rural e do Mar sinalou no Parlamento que esta cifra supón a metade do que contempla o orzamento deste ano para investimentos e axudas

O obxectivo das liñas de axuda promovidas pola Consellería do Medio Rural e do Mar é fomentar a actividade agrogandeira, forestal e marítimo-pesqueira

No ámbito do mar, Rosa Quintana lembrou os 3,1 millóns de euros da Orde publicada onte e destinada a recuperar zonas con perda de produción para o marisqueo

En relación ao rural, salientou a publicación onte no DOG da Orde pola que se aproban 49 proxectos dinamizadores, cunha achega de 1,6 millóns de euros

Tamén sinalou que están a punto de se publicar as ordes de axudas para aportar liquidez ás explotacións agrogandeiras, por importe de case medio millón de euros

 

ROSA QUINTANA: “A XUNTA SEGUIRÁ DEFENDENDO O CARÁCTER ESTRATÉXICO DA PRODUCIÓN PRIMARIA GALEGA”

Desde o convencemento de que “o noso rural e o noso mar teñen futuro”, a conselleira defendeu un traballo baseado no “realismo de análise e actuación”, co fin de “contribuír, desde os sectores primarios, a que Galicia saia da crise”

Rosa Quintana lembrou que a Xunta veu apostando forte por manter as capacidades produtivas do sector primario coa achega de arredor de 1.600 millóns de euros na pasada lexislatura en investimentos e axudas para fomentar a competitividade e a sostibilidade ambiental, social e económica.

EL PRESIDENTE NACIONAL DE ALDEAS INFANTILES, PERO PUCH, PRESENTÓ EN LA SEDE VIGUESA DE LA DIPUTACIÓN SU ‘PLAN ESTRATÉGICO 2013’ PARA GALICIA

descarga (2) La Asociación seguirá volcada en la atención a los niños y en los programas formativos y de atención
 
La diputada Marta Iglesias destacó la “gran labor social» que realiza el colectivo en la provincia desde hace ya cuatro décadas .. Leer más…

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS 1.000 PRAZAS DE ‘XUVENTUDE GALICIA NET’, QUE SE CELEBRARÁ ENTRE O 10 E O 12 DE MAIO EN SANTIAGO

  • Trátase da décimo catorce edición desta party informática, que terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela
  • Está dirixida a mozos e mozas entre os 18 e os 30 anos
  • O programa estará composto por unha gran variedade de actividades, a maioría delas orientadas á formación e ao fomento do emprendemento
  • Haberá tamén actividades para os non inscritos, como a posibilidade de uso das instalacións de paintball ou rocódromo, ou un posto de ciencia divertida para os máis cativos Leer más…

A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 3,5 MILLÓNS DE EUROS ÁS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS NO ANO 2013

  • descarga (1) O secretario xeral para o Deporte asina os convenios coas federacións deportivas con sede nas provincias de Ourense e Pontevedra
  • Ao igual que en anteriores anos, o 50% da contía económica adiantarase ás federacións para garantir a súa actividade

Vigo, 9 de abril de 2013.- A Xunta de Galicia destina máis de 3,5 millóns de euros á colaboración coas federacións deportivas ao longo do ano 2013. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou hoxe na cidade olívica os convenios de colaboración coas federacións que teñen sede nas provincias de Ourense e Pontevedra. Leer más…

PP de Vigo

descarga  El Grupo Popular califica como “otra chapuza del alcalde” la apertura del pabellón de la ETEA, después de más de seis meses de espera y de un millón de euros invertidos

  • El concejal del Partido Popular, Antonio Bernárdez, asegura, después de visitar las instalaciones, que “los accesos carecen de señalización y hay un único operario cuya misión es abrir y cerrar la puerta de entrada”.
  • “La piscina cubierta, después del tiempo que lleva ya reparada, acumula verdín en el agua, mientras el alcalde por capricho y por falta de gestión se niega a abrirla”, denuncia el edil del Partido Popular.
  • “El alcalde  ni siquiera se ha reunido con los colectivos de Teis para informarles de sus planes para el complejo deportivo, que permanece vacío, sin actividades y sin programación alguna”, critica Bernárdez.
  • FIGUEROA: “LAS AYUDAS DIRECTAS A LAS COMPAÑÍAS HAN SIDO UN FRACASO, DE LO CONTRARIO NO SE HABRÍAN PERDIDO 600.000 PASAJEROS TRAS INVERTIR 5,4 MILLONES DE EUROS
     
    “Insistir en los errores no solucionará el problema de Peinador; o los aeropuertos  se coordinan y se complementan o seguiremos haciéndole un favor a Oporto”, afirma el presidente del PP vigués 
     
    José Manuel Figueroa pregunta “¿dónde están los vuelos que el alcalde garantizó a Roma, Milán, Francfurt, México, Málaga o Las Palmas?”
     
    Para el líder de la oposición municipal, “el comité de rutas es el camino a seguir, si los alcaldes no vuelven a dinamitarlo, para la especialización, complementariedad y coordinación de los tres aeropuertos de la comunidad”

DOG PUBLICA HOXE A ORDE QUE APROBA O MODELO DO INFORME SOCIAL UNIFICADO QUE ENTRARÁ EN VIGOR EN TRES MESES

  • A iniciativa permitirá a creación dun modelo común de acceso a servizos de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía
  • Constitúe un máis dos distintos avances que se teñen realizado para mellorar a xestión do sistema durante os últimos catro anos
  • Permitirá diminuír ao mínimo o proceso de cumprimentación da documentación, ao tempo que se unifican os criterios e a organización da información
  • Facilitará unha mellor coordinación entre os distintos profesionais e institucións, que contarán cunha perspectiva global da situación da persoa Leer más…