A XUNTA INVISTE MÁIS DE 68.000 EUROS NA MELLORA DE TRES CAMIÑOS DAS PARROQUIAS DE TORROSO, DORNELAS E TAMEIGA, EN MOS

  • descarga (3)  As actuacións van enmarcadas nos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013.
  • O obxectivo fundamental deste tipo de intervencións é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias.

Vigo, 09 de abril de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello de Mos para comprobar in situ o resultado de tres actuacións levadas a cabo no municipio ao abeiro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013 que concedeu a Consellería do Medio Rural e do Mar e que, neste caso, contou cun investimento total de 68.103,91 euros.

Acompañada pola alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, e polo xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti, a representante da Administración autonómica na área de Vigo explicou que as actuacións acometidas se executaron en tres parroquias do municipio mosense, concretamente en Torroso, Dornelas e Tameiga.

As obras consistiron fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe dos tres camiños, con aglomerado en quente e nunha superficie total de 815 metros de lonxitude.

Concretamente, na parroquia de Torroso actuouse no camiño Portela, que ten unha lonxitude de 186 metros lineais e un ancho variable ata 6 metros ao longo da traza e superficie total de 895 m2. O orzamento foi de 12.775,28 euros. A segunda obra foi na parroquia de Dornelas, no camiño Carrascal, cunha lonxitude de 371 metros lineais e un ancho medio de 6 metros ao longo da traza e superficie total de 1.675 m2. O investimento foi de 24.775,75 euros. Por último, a terceira obra foi na parroquia de Tameiga, no camiño das Quinadas, que conta cunha lonxitude de 258 metros lineais e un ancho medio de 6 metros ao longo da traza e superficie total de 1.945 m2. O orzamento foi de 30.552,88 euros.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Por último, Bravo Bosch lembrou que o investimento nos PEIM 2012/2013 para os 14 concellos que conforman o ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo foi de case 900.000 euros (895.200,04 euros).

>As solicitudes, que serán tidas en conta por orde de inscrición, poden realizarse a través da web http://xuventude.xunta.es. Os posuídores do carné xove aboarán unha taxa de dous euros, que será de 6 euros para os que non conten con este documento.

Os destinatarios, mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, poderán acceder durante 72 horas a unha ampla variedade de actividades, a maioría delas orientadas á formación e ao fomento do emprendemento.

Este ano, ao igual que na edición anterior, priorizaranse as actividades informáticas relacionadas coa formación técnica, divididas en tres bloques temáticos.

O primeiro deles céntrase no hardware, e estará composto por obradoiros e actividades prácticas que permitirán aos participantes experimentar de primeira man o coñecemento que impartan os poñentes. Nesta primeira área, trataranse temas como as impresoras en 3D, robótica, ou o Open Hardware.

O segundo bloque céntrase nas aplicacións de software. Basearase especialmente no método, e non tanto na técnica, e amosará as últimas tendencias en desenvolvemento que se atopan no mundo empresarial, como o software como plataforma de xeración de negocio, novos paradigmas de programación ou a xestión de equipos de desenvolvemento.

As experiencias empresariais centrarán o terceiro bloque. Nestas actividades o obxectivo será ofrecer unha visión nova e innovadora a través de relatorios e experiencias contadas en primeira persoa por emprendedoras que conseguiron facer da súa idea un negocio.

Xa no que se refire á parte propiamente da party como festival informático, os inscritos poderán realizar competicións oficiais de videoxogos; concursos de modding (modificar, de forma estética ou funcional os ordenadores); ou actividades relacionadas co hardware e overclocking (consiste en aproveitar ao máximo os compoñentes orixinais dun sistema informático para que funcionen a maior rendemento) a través de obradoiros, charlas e exhibicións.

Como en anteriores edicións, a entrada acollerá as actividades da “extranet”, que é a parte aberta a todos os públicos. Así, no exterior do recinto ás persoas que se acheguen poderán facer uso das instalacións de paintball, rocódromo, outros xogos ou disfrutar de exhibicións de graffiti.

Xa dentro do Palacio e tamén aberto para todo o público, haberá acceso a consolas e videoxogos, ciclos temáticos de cine, maquilladores, e un posto sobre ciencia divertida para espertar o interese científico nos máis cativos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: