DOG PUBLICA HOXE A ORDE QUE APROBA O MODELO DO INFORME SOCIAL UNIFICADO QUE ENTRARÁ EN VIGOR EN TRES MESES

  • A iniciativa permitirá a creación dun modelo común de acceso a servizos de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía
  • Constitúe un máis dos distintos avances que se teñen realizado para mellorar a xestión do sistema durante os últimos catro anos
  • Permitirá diminuír ao mínimo o proceso de cumprimentación da documentación, ao tempo que se unifican os criterios e a organización da información
  • Facilitará unha mellor coordinación entre os distintos profesionais e institucións, que contarán cunha perspectiva global da situación da persoa

Santiago, 10 de abril de 2013.-  O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que aproba o modelo do Informe Social Unificado (ISU), unha ferramenta que está a desenvolver a Consellería de Traballo e Benestar e que entrará en vigor en tres meses.

O novo Informe Social Unificado (ISU) constituirá un proceso común que permitirá o acceso, a través do mesmo modelo, aos distintos servizos sociais das áreas de dependencia, a discapacidade e a promoción da autonomía persoal. Tamén será o documento de referencia para acceder á rede de recursos para maiores do Consorcio galego de servizos de igualdade e Benestar e, con carácter xeral, para o acceso aos servizos sociais comunitarios de atención a persoas maiores e persoas con discapacidade. Ata o de agora, había un modelo distinto vinculado a cada un dos procedementos.

O obxectivo desta iniciativa é continuar traballando na mellora do sistema de servizos sociais e impulsando a coordinación entre os distintos profesionais e institucións, ao tempo que se acada unha maior eficiencia da xestión minorando, na medida do posible, a cumprimentación de documentación.

Actualmente, esixíase un informe distinto para o acceso a cada unha das áreas. Por exemplo, para o recoñecemento de grao de dependencia e para o grao de discapacidade facíase necesario solicitar dous informes sociais distintos. O mesmo sucedía para o acceso a outros servizos vinculados á promoción da autonomía.

Agora, o modelo ISU configurarase para o seu uso xeneralizado para os traballadores sociais relacionados con estes servizos. O que se pretende ademais con este novo instrumento  é, entre outros aspectos, que os criterios para a recompilación e organización da información sexan o máis homoxéneos posibles.

Ademais, no ISU recollerase a información imprescindible para a aplicación dos baremos de acceso a diferentes servizos, o que permitirá a súa vez a comunicación e coordinación entre profesionais e institucións.

 

Ao recoller a información básica, a través dun instrumento normalizado, lograrase unha perspectiva global da situación da persoa, das súas necesidades e potencialidades, así como da súa rede de apoio social e institucional.

O ISU tamén facilitará unha información que, na medida en que se vaia recollendo nos distintos sistemas de información e xestión, poderá ser utilizada polos profesionais sen necesidade de ter que volver solicitala.

Todo isto repercutirá nunha minoración da carga dos traballadores sociais á hora de cumprimentar distintos informes.

Hai que salientar que este modelo proponse xa coa perspectiva dun formativo electrónico, isto é, coa posibilidade de que sexa remitido telematicamente minorando aínda máis a carga burocrática. Tamén está concibido para a súa vinculación futura aos sistemas de información precedentes (SIGAD, SIUSS, IANUS…), configurando un paso máis na futura creación dunha Historia Social Única.

Á hora da elaboración deste documento, contouse coa participación dos principais axentes implicados na súa posterior utilización, a través dun grupo de traballo constituído para este efecto e coordinado polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Isto permitiu incorporar a experiencia dos profesionais que traballan neste ámbito.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: