No Concello de Salceda de Caselas o feito de dicirlle a un político que faga mellor as cousas supón a apertura dun expediente disciplinario

CIG denuncia a actitude ditatorial do Alcalde e Concelleiros do BNG no goberno de Salceda de Caselas respecto á persecución que fai a algúns dos seus traballadores/as; e en concreto nestes momentos ao delegado sindical da CIG.

O simple e común motivo de comunicarlle a un responsable de area que debería aprender a facer mellor o seu traballo, foi motivo de apertura de expediente disciplinario no Concello de Salceda de Caselas. O que está a ser un dos primeiros expedientes disciplinarios na historia do Concello, ábrese porque un traballador responsable pide máis calidade no traballo dos responsables de área, co obxectivo final de que o Concello xustifique as mellor as subvencións recibidas  doutras administracións; e así seguir beneficiándose ano a ano delas…… ou de máis se é posible.

Isto foi o que ocorreu en Salceda de Caselas, cando o técnico de emprego municipal e delegado dos trabadores do Concello polo sindicato de CIG, Claudio González, remite un correo electrónico onde comunica que o responsable da area do GRUMIR debe aprender a facer mellor o seu traballo, xa que todos os anos ven con erros de bulto, neste caso un informe dos traballos realizados polo Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR) deste Concello.

O Concelleiro Fortunato Álvarez síntese a persoa referida en dita comunicación,  e en resposta diríxese a oficina do técnico de emprego aproveitando que está so, e o ameaza mostrando unha actitude agresiva nas formas e no vocabulario, dicíndolle “ten cuidadito” en máis dunha ocasión e que “son un montón de administrativos no Concello como para ter que facer os políticos ese traballo”. Ante a agresividade mostrada polo Concelleiro Fortunato Álvarez o traballador decide deixar constancia da mesma, presentando un escrito no rexistro municipal, o cal viu a incrementar o enfado do Concelleiro D. Fortunato álvarez que co apoio do Sr. Alcalde e do Concelleiro de persoal tratan de amoestar ao traballador ca apertura dun expediente disciplinario. En ningún momento se lle pide o traballador a súa versión dos feitos ocorridos, deixando moi claro o apoio a todos os actos levados a cabo polo Concelleiro, actos que carecen de educación, profesionalidade e seriedade.

Cabe dicir que este traballador en concreto e técnico da categoría A1, non administrativo como lle dixo este Concelleiro, no mes de Xullo o Concelleiro de persoal, xa tratara de degradar de categoría profesional a este mesmo traballador comunicándolle por escrito que tiña realizar un posto de traballo de auxiliar administrativo

Detrás desta persecución poden estar as tres demandas que este traballador ten contra o Concello de Salceda de Caselas, demandas que teñen o seu orixe en o que poderían ser incumprimentos de legalidade vixente por parte do goberno municipal e que este traballador quere esclarecer. Carece de lóxica incoar expediente disciplinario a un traballador que o único que pretende e mellorar a calidade do traballo realizado, a non ser que forme parte dunha persecución contra este traballador en concreto.

Sería de responsabilidade política tratar de incentivar e mellorar a calidade dos servizos públicos, e non machucar ós traballadores que o pretenden mellorar. A día de hoxe o Sr. Alcalde e o Concelleiro de persoal aínda non falaron co traballador para pedirlle a súa versión dos feitos ocorridos. Claro que pouco máis se pode esperar dun Alcalde que en ocasións utiliza a frase “pódenme obrigar a negociar pero non a chegar a acordos”, ou a frase “os traballadores de Salceda son todos uns enchufados”, frases que mostran a súa aptitude de cara os traballadores e a súa falta de educación e formación.

Pola parte do Concelleiro de persoal, dicir que ven a demostrar unha actitude igual de irresponsable, xa que lonxe de cumprir con parte das obrigas polas que cobra todos os meses, lávase as mans neste asunto relacionado directamente co persoal, agachando a cabeza e aceptando o que lle impón o Sr. Alcalde, xa que nin se molestou en falar co traballador para esclarecer os feitos e apoia a apertura dun expediente disciplinario que carece de obxectividade. Quizás teña relación esta actitude do Concelleiro de persoal con que no mes de Xullo tratou de facer unha degradación de categoría profesional a este traballador sen explicación algunha, comunicándolle por escrito que tiña que facer tarefas de auxiliar administrativo, cando este traballador e técnico da categoría A1, e este traballador negouse facendo referencia a falta de legalidade do nomeamento.

A Concelleira da area de emprego a que pertence este traballador, comunicoulle a este o seu rexeitamento a este expediente disciplinario inmerecido e o seu apoio político e persoal.

 

Dende este sindicato facemos unha chamada de responsabilidade ao goberno, xa que traballadores que se preocupan porque o traballo se faga mellor e máis eficientemente deberían ser premiados e motivados, e non castigados, como ven a ser neste caso. Solicitamos que se cese no acoso aos traballadores, especialmente a este delegado da CIG, que por tratar de mellorar a calidade do servizo no que traballa, ten que enfrontarse o un dos primeiros expedientes disciplinarios da historia do Concello de Salceda de Caselas.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

2 responses to “No Concello de Salceda de Caselas o feito de dicirlle a un político que faga mellor as cousas supón a apertura dun expediente disciplinario”

  1. O Demo says :

    A verdade é que con estas actitudes non podían ser do BNG. Por fin tiraron a careta e amosan a verdadeira faciana, nun exercicio de transfuguismo que se via vir. Apararonse nunhas siglas nas que nunca creeron e as utilizaron maliciosamente, procurando tamen o desprestixio e maior dano posible.
    A xente do BNG ten outro talante; por moito que inventen estes «grandes xestores» nunca seran capaces de por sombra no traballo do BNG nin da CIG.

Trackbacks / Pingbacks

  1. Galiza transfuguista - mayo 7, 2013

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: