A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR IMPULSA O CONSUMO DO LEITE GALEGO ENTRE A POBOACIÓN MÁIS NOVA

  • O DOG publica as bases das axudas para a subministración de leite e produtos lácteos nos centros escolares de Galicia
  • O importe total destas axudas é de 300.000 euros, que serán financiados polo Fondo Galego de Garantía Agraria
  • Rapaces de infantil, primaria e secundaria poderán beneficiarse do consumo de produtos lácteos e leite nos seus centros de ensino

Santiago, 11 de abril do 2013.- A Consellería do Medio Rural e do Mar impulsa o consumo do leite galego entre a poboación máis nova mediante axudas -que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG)- para a subministración aos alumnos de centros escolares de leite e determinados produtos lácteos para este ano 2013.

O órgano competente da concesión e aplicación destas axudas é o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), ente dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar. O importe total ascende a 300.000 euros e vai dirixido aos alumnos de educación infantil, primaria e secundaria.

Produtos subvencionados

Os produtos beneficiados da axuda comunitaria van dende o leite tratado termicamente con chocolate, zume de froitas ou aromatizado (cun contido de polo menos o 90% en peso de leite tratado e cun máximo do 7% de azucre ou mel engadido) ata queixos frescos e fundidos.

Controis

O Fogga establecerá un plan de controis para garantir o cumprimento da normativa aplicable a esta liña de axudas, levando a cabo un control administrativo e sobre o terreo, e comprobará que a repercusión da axuda recaia no alumno beneficiario.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: