A XUNTA CONVOCARÁ EN BREVE AS AXUDAS PARA MODERNIZACIÓN DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS E INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE

  • A Consellería do Medio Rural e do Mar destinou máis de 7,6 millóns de euros nos últimos 4 anos a axudas para modernización das explotacións avícolas galegas, das que se beneficiaron máis dunha centena de produtores
  • O secretario xeral de Medio Rural e Montes deu conta dos avances realizados para a implantación dunha marca de garantía para a horta galega

A Consellería do Medio Rural e do Mar publicará en breve a orde de achegas destinadas á modernización de explotacións agrarias e á incorporación de agricultores mozos para este ano 2013. Así o avanzou esta mañá a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, na Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

A directora xeral aclarou que os titulares de explotacións avícolas pódense acoller, ao igual que o resto de titulares de explotacións agrogandeiras de Galicia, ás axudas á modernización de explotacións agrarias, non habendo ningún requisito exclusivo para as explotacións avícolas que as excluíra do resto de explotacións.  Neste sentido cabe destacar que a Consellería do Medio Rural e do Mar destinou máis de 7,6 millóns de euros nos últimos 4 anos á modernización das explotacións avícolas galegas; unha liña de axudas da que se beneficiaron unha centena de produtores.

Así mesmo, Ulloa Alonso sinalou que -entre os anos 2011 e 2012- a Consellería convocou axudas específicas para o sector avícola de posta, destinadas á adaptación das explotacións de galiñas poñedoras ao Real Decreto de normas mínimas de protección das galiñas poñedoras, co fin de adaptalas a esta normativa. Neste caso, o orzamento destinado a tal fin ascendeu a máis de 300.000 euros.

Declaración do IRPF para o sector agrogandeiro

Preguntada sobre as xestións previstas polo Goberno galego en relación á revisión de determinados aspectos fiscais para o sector agrogandeiro cara á declaración do IRPF correspondente ao ano 2012, Patricia Ulloa declarou que a Xunta solicitoulle en prazo ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que tivera en conta o encarecemento dos insumos na Orde de convocatoria anual pola que se reducen os índices de rendemento neto e o corrector por pensos adquiridos a terceiros aplicables no método de estimación obxectiva do IRPF, para as actividades agrícolas e gandeiras. Así, pediuse que se incidira especialmente no sector bovino, lácteo e o sector produtor da planta ornamental e de flor cortada, por seren os máis afectados.

Marca para a horta galega

O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, deu conta do traballo e avances realizados pola Consellería -en colaboración co sector- para a implantación dunha marca de garantía para a horta galega. Así, elaborouse unha norma técnica para 9 produtos hortícolas frescos ao aire libre e en invernadoiros (feixón verde, leituga, nabiza/grelo, pataca, pementos, repolo, tomate e verza), onde se inclúen aspectos como requisitos de xestión medioambiental, requirimentos de trazabilidade ou manual de boas prácticas. Tamén se avanzou na elaboración do procedemento de identificación, tras rexistrar o nome e o logo na Oficina Española de Patentes e Marcas.

 

Con esta marca, o Goberno galego pretende valorizar e impulsar os produtos da horta, garantindo a súa orixe e calidade. Neste senso, a Consellería reunirase co sector co fin de trasladarlle as características, requisitos e contido da norma e clarificar as intencións e compromisos que o sector estaría disposto a asumir. En función destes, analizaríanse as distintas vías de apoio que a Consellería podería realizar, tales como a posibilidade de apoio financeiro ou a colaboración co sector a través dos medios e recursos cos que conta a propia Consellería.

Axudas reforestación

No tocante á problemática na titularidade das axudas para reforestación nas localidades da comarca da Costa da Morte, Fernández-Couto sinalou que se trata dunha cuestión entre particulares que se está a dirimir nos xulgados. Aínda así, a Xunta púxose a total  disposición da Xustiza para colaborar e facerlle chegar toda a información que lle sexa solicitada.

O secretario xeral engadiu que a Administración autonómica limítase a tramitar as axudas en base á documentación entregada e á declaración xurada dos supostos propietarios das parcelas, comprobando que cumpren os requisitos -mediante inspeccións de campo antes de realizar os traballos-, co fin de examinar que a realidade xeométrica e o estado natural fai viable a súa execución. Despois da comunicación do remate da execución dos traballos e da correspondente xustificación documental, procédese a realización da inspección final para a comprobación da correcta execución dos traballos realizados e para realizar a proposta de pago da axuda, que acada unha porcentaxe entre o 70 e o 80% da inversión total executada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: