Concurso de maquetas Millo Verde e novas do VII Festival Alternativo Millo Verde
Festa “Concurso de Maquetas Millo Verde 2013”
19 de abril de 2013 na antiga feira do gando, Redondela
Despois de superar con 47 o record de recepción de maquetas establecido para o ano pasado en 41 traballos, a Asociación Millo Verde cómprese de presentarlles o VI Concurso de Maquetas Millo Verde. Os gañadores que competirán por participar no Festival Alternativo Millo Verde serán nesta orde:
Seper Os Mordecáns Banda de Andrelo
A entrada de 3 euros máis vaso otorga ao público o dereito a votar polo grupo que máis lle guste. As votacións levaranse a cabo unha vez rematado as tres actuacións e soamente se permitirá un voto por persoa. Amenizando a espera actuará o grupo convidado redondelán “Sete cuncas”. Os gañadores do concurso ademáis do dereito a participar no Festival Alternativo Millo Verde recibirán 300€ de premio.
|
Novas sobre a VII edición do festival alternativo Millo Verde 7 e 8 de xuño de 2013 |
A VII edición do festival xa ten data fixada, 7 e 8 de xuño e xa conta con incorporacións internacionais da talla dos austrias “Airtist” http://aural.hu/airtist/”, e nacionais coma os gaditanos “JimyJazz Zelufank”. Este ano por primeira vez o festival repetirá un grupo, dende Soutomaior volven os “Güintervan” debido a que o ano pasado tiveron que suspender o concerto tras só 20 minutos de actuación . Ao longo da semana anunciaranse novas confirmacións nas redes sociais e no blogue do festival.
|