O Sonoro Maxín leva os ritmos máis bailables a Cangas e á Ulla esta fin de semana
Serán na festa de aniversario de GZ Música na Sala Son (Cangas do Morrazo) o sábado e o domingo na Ulla (San Miguel de Sarandón, Vedra) na XXXIII Exaltación do Viño.Recén chegados da súa xira por Kiel e Hamburgo, Os integrantes do Sonoro Maxín veñen cargados de enerxía para a festa de aniversario de GZ Música, que se celebrará este sábado na Sala Son, en Cangas. Será ás 21 horas cando comezará un derroche de son, cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados. Así é tal e como eles definen o seu último disco ‘A onda sonora (chega do interior)’.
Por outra banda, o domingo, ‘O Sonoro’ participará, ás 19 horas, cun concerto na XXXIII Exaltación do Viño da Ulla, completando así unha fin de semana chea de cumbias e outros ritmos que non deixarán indiferente o público cangués e ullán durante a fin de semana