O EDIFICO CAMBÓN, EN VIGO, ACOLLE UNHA XORNADA SOBRE OS LIQUES PRESENTES NAS ILLAS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

  • Esta xornada está aberta a persoal docente e visitantes en xeral, co fin de ensinarlles como este organismos funcionan como bioindicadores de contaminación
  • Esta actividade formativa completarase cunha visita ás Illas Cíes para facer traballos prácticos sobre o recoñecemento dos liques presentes no illote

Santiago, 13 de abril de 2013.- A Xunta de Galicia organiza os vindeiros días 18 e 19 de abril unha xornada formativa sobre os coñecementos básicos dos liques, así como sobre o recoñecemento visual dos mesmos e das comunidades liquénicas máis importante no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

O Edificio Cambón, sede do Parque Illas Atlánticas en Vigo, acolle esta actividade formativa que será impartida pola doutora de Bioloxía, María José Sánchez- Biezma.

Esta xornada ten por obxectivo ensinar coñecementos básicos sobre os liques a profesionais do parque, profesorados e visitantes en xeral. Os contidos que conforman esta actividade están encamiñados a facilitar o recoñecemento dos liques máis comúns, así como as comunidades máis importantes no Parque.

Un lique é un grupo de organismos de natureza dobre, constituídos por células dunha alga enlazadas polas hifas dun fungo. A alga recibe do fungo sales minerais disoltas, e o fungo colle da alga substancias orgánicas, das que se alimenta. Ademais, a importancia dos liques radican no feito de que son bioindicadores de contaminación e calidade no medio natural.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas habilita un total de 20 prazas gratuítas para os interesados en participar nesta xornadas que se impartirá o xoves 18, de 10 a 13:30 horas, no Edificio Cambón de Vigo, mentres o que venres 19 a actividade se desenvolverá nas Illas Cíes para o recoñecemento visual dos liques. A saída cara as Cíes será ás 10 horas dende a Estación Marítima de Vigo, regresando a media tarde

Os interesados en participar deberán formalizar a inscrición previa a través das oficinas do Parque Nacional Illas Atlánticas, da conta de correo electrónico (iatlanticas@xunta.es), no número de teléfono 886.21.80.90 ou no fax 886.21.80.94; onde tamén poden solicitar máis información.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: