ESTUDANTES DE VIGO PARTICIPAN ESTA SEMANA NA ESCOLA COOPERATIVA MÓBIL DE TRABALLO, QUE MOSTRA AS VANTAXES DESTE MODELO

  • Esta iniciativa, que estará situada no CIFP Valentín Paz Andrade, enmárcase na campaña ‘Cooperativízate. Suma Forzas!’ do departamento autonómico
  • Está orientada principalmente aos rapaces de últimos cursos que van rematar os estudos e en moitos casos queren traballar
  • A aula achegarase a máis de 25 centros de todo o territorio galego e rematará o seu percorrido cun acto de clausura en Santiago de Compostela en maio do 2013

Vigo, 15 de abril de 2013.- Os estudantes do CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo participarán desde hoxe e a ata o venres na Escola Cooperativa Móbil, un proxecto que lles ensina todas as vantaxes do modelo cooperativo como saída laboral para sacar adiante iniciativas emprendedoras, dentro da campaña ‘Cooperativízate. Suma Forzas!’ levada a cabo pola Consellería de Traballo e Benestar.

Trátase dunha iniciativa de divulgación desenvolvida pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, que consiste nunha aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación das potencialidades do cooperativismo entre a mocidade.

A campaña xa funcionou no curso 2010-2011 e vólvese repetir polo éxito que tivo no período anterior. Está orientada principalmente aos rapaces de últimos cursos que van rematar os estudos e en moitos casos queren traballar. O obxectivo é chegar a estes mozos e mozas e ofrecerlles unha alternativa a través das cooperativas.

Na aula ofrecerase a información máis actualizada e completa sobre o cooperativismo, orientación por parte de técnicos especializados e un programa de actividades moi atractivo, co obxectivo de situar nun primeiro plano o cooperativismo como unha opción laboral de futuro.

Os monitores da Escola Cooperativa Móbil ensinarán aos alumnos as vantaxes do cooperativismo, mediante sesións prácticas, coa finalidade de transmitir aos participantes dun xeito ameno e atractivo, os valores do cooperativismo, as habilidades sociais cooperativas, os pasos necesarios para crear unha cooperativa, así como a análise de casos de cooperativas de éxito

Ademais de Vigo, a aula móbil xa pasou por diferentes localidades da provincia de Pontevedra como Ponteareas e Pontevedra, onde acadou un gran éxito entre alumnos e profesores. Tamén visitou diferentes centros das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña neste curso escolar. A aula achegarase a máis de 25 centros de todo o territorio galego e rematará o seu percorrido cun acto de clausura en Santiago de Compostela en maio do 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: