Pradairo leva o mellor do folque actual ao Forum Metropolitano da Coruña este domingo día 21

descargaOs dez integrantes do grupo de música tradicional Pradairo chegan á Coruña para interpretar os seus mellores temas e algúns inéditos. Será unha oportunidade única para gozar da mellor posta en escena destes artistas na que poder achegarnos a un sorprendente estilo para os nosos ritmos. Logo de actuaren o pasado día 5 no Luar e o 6 no Teatro Principal compostelán, o grupo chega con toda a enerxía á cidade herculina.

As voces, o acordeón, as gaitas, o saxofón, as percusións de man e a compoñente que só Pradairo sabe dar aos nosos temas tradicionais encherán as táboas do Forum Metropolitano o vindeiro día 21 de abril ás 19:30 do serán. As entradas poden mercarse xa desde 7 € a través deste link de Servinovahttp://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/otras-musicas/2229-concierto-de-pradairo.html

Este concerto non ofrecerá exclusivamente pezas do seu segundo traballo, ‘Pateado’, senón que consitirá nunha mestura dos seus mellores temas tanto dese disco coma do primeiro da formación ‘Aliaxe’, así como outros inéditos e forma parte da pequena xira que o grupo galego de música tradicional puxo en marcha a pasada semana cunha actución no Luar da TVG e outra no Teatro Principal de Compostela o pasado día 6.

Unha decena de talento

Pradairo nace no outono de 2006 co obxectivo de levar adiante un proxecto musical que achegase un valor engadido ao traballo de recollida de pezas tradicionais galegas das últimas décadas. Ao pouco de se constituír, en 2007, gaña o certame de música folque de Radio Obradoiro. Logo viñeron dous discos, ‘Aliaxe’, en 2008, e ‘Pateado’ en 2011. Ademais, participaron no concurso Loïc Raison de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient acadando a segunda posición.

Un total de dez cantareiras, cantareiros, gaiteiros, percusionistas e acordeonistas compoñen Pradairo. Persoas todas elas vencelladas á música tradicional galega durante máis de vinte anos, logran ofrecer un produto cultural fresco e actual sen perder de vista nosa música de raíz.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: