SALINAE, A ÚNICA SALIÑA MARIÑA DE EVAPORACIÓN SOLAR CONSERVADA E MUSEALIZADA DO IMPERIO ROMANO, RECIBE 700 VISITANTES NUN MES

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o Centro Arqueolóxico do Areal, ubicado na rúa Rosalía de Castro da cidade e cuxo funcionamento data dos séculos I-III d.C.
  • O xacemento conta cunha superficie superior aos 300 m2 que, a través dun percorrido expositivo, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.
  • O investimento do Goberno galego neste centro foi de 1,4 millóns de euros.
  • O centro leva a cabo unha serie de actividades divulgativas ao longo do ano abertas ao público baixo o nome de “Descubrindo os segredos do pasado”, “Escavando en Salinae” e “Os sabores de Roma”.

Vigo, 15 de abril de 2013.- O Centro Arqueolóxico Areal Salinae, a única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano e cuxo funcionamento data dos séculos I-III d.C. recibe uns 700 visitantes ao mes. O centro, que se atopa na céntrica rúa Rosalía de Castro da cidade viguesa conta cun ratio de visitantes dos máis altos entre os centros desta natureza en Galicia co que, dende a súa posta en marcha, recibiu máis de 40.000 visitantes.

Esta mañá, a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada pola directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio, e o arqueológo do mesmo, Vicente Caramés, realizou unha visita ao xacemento, que conta cunha superficie superior aos 300 metros cadrados e que, polo seu excelente estado de conservación, a través dun percorrido expositivo permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e cómo os romanos producían o sal na superficie das cubetas. O investimento da Xunta de Galicia neste centro foi de 1,4 millóns de euros.

Durante a visita, Bravo Bosch percorreu a galería previa, na que se pode contextualizar o mundo da romanización e a cultura das salinas descubrindo así o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.

Unha secuencia fotográfica, acompañada dunha liña de tempo, amosa como se desenvolveu o descubrimento e estudo deste espectacular xacemento romano na cidade. Na sala destaca a reconstrución paisaxística do Areal e a ría daquela época.

Ademais, Salinae realiza tamén ao longo do ano unha serie de actividades divulgativas dirixidas ao público baixo o nome de Descubrindo os segredos do pasado”, “Escavando en Salinae” e “Os sabores de Roma”.

A primeira, “Descubrindo os segredos do pasado”, é para público escolar dende 2º ciclo de infantil a 1º ciclo de primaria e nela introdúcese ao alumnado, ataviado como lexionarios e comerciantes, a través dun conto-teatrillo deseñado especificamente, no misterios e segredos da sal, os seus orixes e as súas utilidades usando múltiples obxectos replicados de época romana. “Escavando en Salinae” vai dirixida a todo tipo de público (especialmente aos ciclos escolares a partir de 2º ciclo de primaria e ata a universidade). Nesta ocasión se realiza a réplica dunha escavación arqueolóxica fidedigna intentando comprender e experimentar o caso concreto deste xacemento. E por último, “Os sabores de Roma” está orientada particularmente ao público xeral e consiste nunha exploración polo mundo da cociña e os sabores en época romana.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: