A CIG-ENSINO CONVOCA FOLGA CONTRA A LOMCE NO ENSINO PÚBLICO PARA O PRÓXIMO XOVES 9 DE MAIO
A CIG-Ensino anunciou hoxe en rolda de prensa que convocará unha folga en todo o ensino público galego para o próximo 9 de maio. A CIG-Ensino xa advertiu no inicio do curso, diante da presentación do anteproxecto de LOMCE, que se o Ministerio de Educación non retiraba a proposta era necesaria unha folga no ensino.
A convocatoria desta folga chega despois de que a CIG-Ensino levara a cabo unha intensa campaña de información e debate sobre unha lei “perversa e nociva” para o ensino público galego. A CIG-Ensino realizou durante este curso máis de 1.500 asembleas nos centros de ensino para informar dos perigos da súa aprobación e recolleu máis dez mil sinaturas de profesorado contra a LOMCE. Ademais está a participar activamente nas mobilizacións e peches promovidos pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Leer más…
EL PINTOR GALLEGO XOSÉ LUIS OTERO SE CONVIERTE EN EL PRIMER GALLEGO QUE EXPONE EN EL COMITÉ DE REGIONES DE BRUSELAS, DE LA MANO DE LA DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Otero: ”La obra ‘Post-industrial Bruselas 2013’ es mi visión del Vigo industrial de las últimas décadas a través de una mirada al puerto”
Marta Iglesias: “La muestra confirma la gran trayectoria de este artista nacido en Xinzo da Limia pero afincado desde años en Vigo”
Vigo, 16 de Abril. El pintor y escultor Xosé Luis Otero será el primer artista gallego que exponga su obra en el Comité de Regiones de Bruselas, de la mano de la Fundación Galicia-Europa y de la Diputación de Pontevedra, y con la colaboración del Eixo Atlántico. La muestra se inaugurará el próximo día 23 a las 18:00 horas, y permanecerá expuesta hasta el 3 de mayo.
La sede viguesa de la Diputación acogió ayer el acto de presentación, al que asistió la diputada provincial Marta Iglesias, además del autor, nacido en Xinzo da Limia pero afincado en Vigo desde hace años. Leer más…
Acción Reivindicativa co gallo do Día Internacional dos Monumentos e sitios – Xoves 18 de abril – 15:50 entrada de San Domingos de Bonaval
DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS
18 DE ABRIL – 15:50 – Entrada de San Domingos de Bonaval
Coincidindo co Día dos Monumentos e Sitios que celebra o día 18 de abril a UNESCO, a
Asociación Profesional de Historiadores da Arte de Galicia únese á iniciativa da Sección de
Historia del Arte del Ilustre Colegio Oficial de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en
Ciencias de Granada, Almería y Jaén de sumarse a esta xornada co obxectivo de trasladar á
cidadanía a nosa defensa da profesión do historiador/a da arte para a correcta valoración e
difusión do rico Patrimonio Cultural de Galicia. Leer más…
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA NOVOS CURSOS DE INFORMÁTICA
Realizaranse na Aula de Novas Tecnoloxías do CDL de O Torrón
Novos cursos de Informática Básica (nivel inicial) e Búsqueda de Emprego por Internet serán os que acolla a Aula de Novas Tecnoloxías do Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón, a partires do próximo 7 de maio.
O prazo de inscrición será dende o 17 ao 30 de abril, tendo que formalizarse a mesma no Rexistro do Concello. Leer más…
Novacaixagalicia
Novacaixagalicia inaugura unha mostra sobre as nubes con traballos de nenos ingresados no Hospital Xeral de Vigo
A sala de exposicións II do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo inaugurará mañá, mércores 17 de abril, ás 20.00 h, a mostra «Paseando polas nubes. Os nenos e nenas enfermos miramos ao ceo», unha proposta expositiva resultado dos traballos realizados, durante os meses de febreiro e marzo do presente 2013, polos nenos ingresados na unidade de pediatría do Hospital Xeral de Vigo. Na inauguración participarán Julia Fernández Rodríguez, profesora da escola de pediatría do Hospital Xeral; Paloma Vela Garicano, responsable de artes plásticas de Novacaixagalicia; e cinco nenos artistas con obras na exposición, ademais das mozas Estela Rodríguez Carvalho e Sara Gil Casasnovas, que acompañarán o acto coa súa música.
Novacaixagalicia presenta a José Sacristán en Vigo
Novacaixagalicia ofrecerá mañá, mércores 17, e o xoves 18 de abril, a obra dramática Eu son don Quixote da Mancha, protagonizada por José Sacristán e Fernando Soto. A representación terá lugar primeiro en Vigo, mañá mércores 17, no teatro do Centro Cultural da entidade ás 20.30 h, e, o xoves 18, no seu Centro Social da cidade do Lérez, tamén as 20.30 h.
O espectáculo inclúese na tempada de abonos que a fundación galega programou para 2013, os cales supoñen un 20 % de desconto respecto das entradas soltas. Os interesados en mercar billetes soltos poderán facelo a través das canles habituais: a billeteira telefónica 902 504 500 ou a web de Servinova, www.servinova.com.
A XUNTA PUBLICA HOXE NO DOG A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN DE MOBILIDADE VIARIA DA PENÍNSULA DO MORRAZO
- Este documento establece os obxectivos prioritarios para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na Península do Morrazo
- Está previsto facer aprobacións independentes dos expedientes de información pública da conversión en autovía do Corredor do Morrazo e das Variantes de Cangas e Moaña, nas que se indicarán as modificacións a reflectir nestas tres actuacións como resultado da información pública, entre as que salientan o desistimento na execución da Variante de Moaña e cambios no deseño da Variante de Cangas, que adquirirá características urbanas Leer más…
XUNTA E CONCELLO DE MOS REÚNENSE PARA IMPULSAR A TRAMITACIÓN DO PXOM DESTE MUNICIPIO PONTEVEDRÉS
- A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo achegou preto de 200.000 euros en concepto de axudas para a redacción do PXOM e para adaptar os traballos do planeamento á Lei 2/2010 de 25 de marzo
Santiago, 16 de abril de 2013.- A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o equipo redactor do PXOM deste concello para impulsar a tramitación do planeamento.
Encarnación Rivas resaltou a importancia da coordinación entre administracións para conseguir, neste caso, dotar ao Concello de Mos de figuras urbanísticas de planeamento que ordenen o territorio deste municipio. A Xunta e o citado concello pontevedrés xa mantiveran outras xuntanzas de traballo no ano 2012 para analizar e avanzar na tramitación do plan xeral.
Na actualidade, o Concello de Mos conta cunhas Normas subsidiarias de planeamento aprobadas en 1992. A redacción do PXOM está a efectuarse dende o ano 2008. Cabe engadir que en maio de 2012, consta Informe Previo á Aprobación Inicial coa conseguinte aprobación inicial.
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, achegou preto de 200.000 euros en concepto de axudas para a redacción do PXOM e para adaptar os traballos do planeamento á Lei 2/2010 de 25 de marzo.
PP de Vigo
EL GRUPO POPULAR DENUNCIA UN DÉFICIT DE 1,7 MILLONES DE EUROS EN LA ENTIDAD LOCAL MENOR DE BEMBRIVE DESDE QUE GOBIERNA EL PSOE
Acusa al actual grupo de gobierno socialista de mentirles a los vecinos y de dilapidar dinero público
«El alcalde pedáneo se gasta el dinero en obras que no son competencia de la Entidad Local Menor», comentan los portavoces populares
Vigo, 16 de abril del 2013. El Grupo del Partido Popular de la Entidad Local Menor de Bembrive quiere poner en conocimiento de la opinión pública y de los vecinos en particular la importante descapitalización que viene sufriendo la Entidad local Menor de Bembive en este período de poco más de año y medio, de gobierno socialista en la parroquia de Bembrive. Leer más…
OS VECIÑOS DE TODOS OS CONCELLOS ADHERIDOS AO ORAL PODEN PAGAR O IBI EN DOUS PRAZOS, SOLICITÁNDOO ANTES DO 10 DE MAIO
- A solicitude deste sistema de pagamento poderá facerse en calquera oficina do ORAL ou tamén por correo postal, electrónico e a través da oficina virtual da Deputación
Os veciños e veciñas de todos os concellos adheridos ao ORAL poden solicitar, antes do 10 de maio, o pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente a este ano 2013 distribuído en dúas cotas.
Este sistema especial de pago, que se pon en marcha en virtude dunha Resolución Presidencial publicada no Boletín oficial da Provincia do 27 de marzo, supón que os contribuíntes que así o desexen poderán distribuír o importe do seu recibo do IBI en dous prazos, sen ningún tipo de custe adicional. Leer más…
RAMÓN ALONSO FERNÁNDEZ ELEGIDO NUEVO PRESIDENTE DE ASETRANSPO
La asociación renovó su Junta Directiva marcando como objetivo para 2013 el potenciar al sector luchando contra la competencia desleal y ayudando a reducir los costes de las empresas para que estas sean más eficaces y eficientes en situación de crisis.
La asamblea, en la que Jesús Manuel Rodríguez Vieites se despidió como presidente, se celebró en un ambiente de preocupación marcado por la difícil situación que atraviesan las empresas del sector en la provincia y con muchas inquietudes en relación con la reforma de la LOTT.