Novacaixagalicia
Novacaixagalicia inaugura unha mostra sobre as nubes con traballos de nenos ingresados no Hospital Xeral de Vigo
A sala de exposicións II do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo inaugurará mañá, mércores 17 de abril, ás 20.00 h, a mostra «Paseando polas nubes. Os nenos e nenas enfermos miramos ao ceo», unha proposta expositiva resultado dos traballos realizados, durante os meses de febreiro e marzo do presente 2013, polos nenos ingresados na unidade de pediatría do Hospital Xeral de Vigo. Na inauguración participarán Julia Fernández Rodríguez, profesora da escola de pediatría do Hospital Xeral; Paloma Vela Garicano, responsable de artes plásticas de Novacaixagalicia; e cinco nenos artistas con obras na exposición, ademais das mozas Estela Rodríguez Carvalho e Sara Gil Casasnovas, que acompañarán o acto coa súa música.
Novacaixagalicia presenta a José Sacristán en Vigo
Novacaixagalicia ofrecerá mañá, mércores 17, e o xoves 18 de abril, a obra dramática Eu son don Quixote da Mancha, protagonizada por José Sacristán e Fernando Soto. A representación terá lugar primeiro en Vigo, mañá mércores 17, no teatro do Centro Cultural da entidade ás 20.30 h, e, o xoves 18, no seu Centro Social da cidade do Lérez, tamén as 20.30 h.
O espectáculo inclúese na tempada de abonos que a fundación galega programou para 2013, os cales supoñen un 20 % de desconto respecto das entradas soltas. Os interesados en mercar billetes soltos poderán facelo a través das canles habituais: a billeteira telefónica 902 504 500 ou a web de Servinova, www.servinova.com.