A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN INVISTE PRETO DE 28.000 EUROS NA REFORMA DO CEIP OUTEIRO DAS PENAS DE CESANTES, EN REDONDELA

  • descarga (2)  A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde da localidade, Javier Bas, realizou esta mañá unha visita ao centro, que é plurilingüe, ten dúas aulas dixitais e conta con 240 alumnos e alumnas.
  • No Concello de Redondela, o departamento de Educación está investindo neste ano máis de 85.000 euros en reformas e melloras en 5 colexios de infantil e primaria.
  • Ademais, prevé investir outros 62.000 euros máis noutras dúas actuacións de outros dous centros educativos do municipio.

Vigo, 18 de abril de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP plurilingüe Outeiro das Penas de Cesantes, en Redondela, onde a Xunta de Galicia está a investir preto de 28.000 euros na reparación da estrutura do ximnasio e na construción dun aseo adaptado para persoas con discapacidade.

 

Acompañada polo alcalde da localidade, Javier Bas, e a directora do colexio, María Dolores Montes, a responsable da Administración autonómica na área viguesa coñeceu o centro educativo, que conta con 240 alumnos e alumnas inscritos -78 en Educación Infantil e 162 en Primaria- e destaca por ser un centro plurilingüe, contar cun auxiliar de conversa e ter dúas aulas dixitais. Ademais, ten asinado un contrato-programa coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na modalidade de mellora da lectura, da escritura e do cálculo. Dentro das súas actividades, desenvolve tamén un blog de dinamización lingüística baixo o nome de “O outeiro de Matilda” que se fai dende a biblioteca do colexio.

 

Bravo Bosch destacou así o plan de potenciación das linguas estranxeiras que o departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez puxo en marcha a pasada lexislatura e que beneficia este curso 2012/2013 a máis de 55.000 estudantes de toda Galicia a través de 2.373 seccións bilingües e 148 centros plurilingües coma o que hoxe visitou a delegada en Redondela.

 

En canto a reforma que nestes momentos está a executar o departamento de Educación no centro educativo, Bravo Bosch explicou que é un investimento moi importante e necesario para reparar as deficiencias que existían no ximnasio ademais de adaptarse á normativa. En concreto, o custe da actuación é e 27.167,39 euros.

 

Máis melloras

A Xunta de Galicia ten tramitadas para este ano obras cun investimento superior aos 85.000 euros en 5 centros educativos de infantil e primaria do Concello de Redondela. Concretamente, ademais do CEIP Outeiro das Penas, estase a executar tamén unha actuación no CEIP Cedeira (11.639,81 euros) para a reforma da instalación eléctrica e arranxo de deficiencias do pararraios; outra no CEIP Laredo (1.371,51 euros) para a instalación do pararraios; no CEIP Quintela (27.330,59 euros) para reformar a instalación eléctrica e arranxar o pararraios e, por último, no CEIP Santo Paio de Abaixo (17.731,59 euros) para a renovación da rede de evacuación de residuais.

 

Por outra banda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta  cunha previsión de investimento superior aos 62.000 euros para outras dúas actuacións doutros dous centros educativos do municipio, concretamente para o CEIP Santa Mariña e para o IES Pedro Floriani.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: