Oportunidades de negocio co Banco Africano de Desenvolvemento. Seminario SALT
Achegar aos empresarios galegos que están a apostar pola internacionalización as oportunidades de negocio relacionadas coas licitacións do Banco Africano de Desenvolvemento é o obxectivo do Seminario promovido pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia, no marco das actividades desenvolvidas polo Servizo de Licitacións Internacionais (SALT).
O seminario inclúe relatorios sobre as licitacións e proxectos do Banco Africano de Desenvolvemento, e sobre como opera esta entidade nas súas relacións co sector privado.
O encontro, que se desenvolverá o venres 19 de abril, a partir das 11 horas, incluirá tamén un relatorio sobre a experiencia dunha empresa galega que traballa en África, o Grupo Puentes.
|
|
www.igape.es |