CEI – Xunta de Galicia
XUNTA BUSCA EN URUGUAI NOVAS ALIANZAS COMERCIAIS PARA OS SECTORES PRODUTIVOS GALEGOS
O director do Igape, Javier Aguilera, inicia en Montevideo unha viaxe institucional na que manterá diversos encontros con empresarios do país na procura de investimentos e acordos para as empresas galegas
O obxectivo é ampliar as posibilidades de mercado dun país que ten rexistrado un incremento das exportacións galegas de case un 70% nos últimos catro anos.
CONDE DESTACA O POTENCIAL DE CRECEMENTO DE ÁFRICA COMO UNHA OPORTUNIDADE PARA A EXPANSIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS
O conselleiro de Economía e Industria aposta pola participación de Galicia nas licitacións do Banco Africano de Desenvolvemento, que planea investir 25.000 millóns de dólares en tres anos
As vendas galegas ao continente africano creceron un 61% en 2012 ata superar os 1.300 millóns de euros
O apoio da Xunta en África concrétase en programas como o Plan Primex ou a Rede Pexga, que conta cunha oficina de apoio aos empresarios en Marrocos.
A XUNTA DE GALICIA LAMENTA A FALTA DE IMPLICACIÓN DE GENERAL DYNAMICS COA FÁBRICA DE ARMAS DA CORUÑA
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliña que o Goberno galego “ten trasladado xa o seu malestar pola actitude da multinacional ao longo deste proceso”
Avoga por acompañar aos traballadores “na identificación de posibles oportunidades de futuro»
A Xunta considera que non se está dar á fábrica coruñesa un trato equitativo en comparación ao resto de plantas nacionais, e reitera o seu ofrecemento de pór a disposición todas as ferramentas ao seu alcance para encontrar unha solución.