CIG -Comunicados

descarga (1)  A CIG participa no escracho convocado en Vigo pola Plataforma de Afectados Polas Hipotecas (PAH) diante do Santander e do BBVA

O colectivo reclama un interlocutor estábel co que poder negociar as execucións hipotecarias na comarca

A CIG participou esta mañá no escracho convocado pola Plataforma de Afectadas/os polas Hipotecas (PAH) de Vigo diante das centrais do Banco Santander e do BBVA, entidades que se negan a designar un interlocutor para negociar as execucións hipotecarias da comarca.

A protesta -que se prolongou durante dúas horas e na que participaron, entre outros, o secretario comarcal da CIG, Serafín Otero, e o nacional de Banca, Clodomiro Montero- centrouse nestas dúas entidades financeiras por se negaren até o momento a designar un interlocutor estábel co que o colectivo poida negociar as execucións hipotecarias da comarca.
Representantes da PAH mantiveron breves xuntanzas con responsábeis destas entidades e lograron o compromiso de que abordarán a cuestión nos vindeiros días. O Banco Popular, que fóra sinalado como primeiro obxectivo da convocatoria, atendeu a reclamación, o que motivou a suspensión da protesta diante das súas oficinas.

Outras noticias

descarga (2)  continuaron ás protestas contra a represión sindical no centro San Xerome Emiliani da Guarda. Dende a CIG-Ensino fan as seguintes aclaracións con respecto á información difundida polo San Xerome sobre un acordo relativo á xubilación anticipada:

1. Este acordo acadouse despois de que fose proposto á empresa polos delegados de persoal da CIG, tal e como se fixo en moitas outras empresas do país.

2. Consiste en garantir que as persoas con data de nacemento anterior a 1958 poidan solicitar, se así o quixesen, a xubilación anticipada mantendo as condicións anteriores á última modificación da lei en materia de xubilacións.

A CIG-Ensino valora que o feito de que a empresa publicite este acordo enviando unha nota de prensa aos medios é un intento de lavado de cara ante a situación que se está a vivir no centro despois do despedimento de catro persoas, o que, certamente, dá conta de que teñen mala conciencia.

Desde a CIG-Ensino esiximos do San Xerome que se centre no problema fundamental e que readmita aos traballadores despedidos. O pasado día 15 iniciáronse as mobilizacións diarias ante o centro. Todos os días desde as 9:30 ás 10:30 un número importante de persoas entre as que se atopan beneficiarios do centro e veciños da Guarda, acoden a expresar o seu apoio aos traballadores e a esixir a súa readmisión, a pesar da pretensión de coacción por parte do xerente que hoxe estivo gravando desde o interior do centro ás persoas que pacificamente se estaban manifestando na rúa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: