KICK BOXING SALCEDA ACOLLE O CAMPIONATO GALEGO NEO-PRO

descarga (3) Onte tivo lugar na Casa da Cultura do Concello de Salceda, a presentación do Campionato Galego Neo-Pro que se celebrará o próximo sábado 27 de abril no Pavillón Municipal de Salceda.

Na rolda de prensa estiveron presentes, ademáis de o Alcalde Marcos Besada e a Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, Simón González (ex-campión do mundo Full Contact), Santiago Moráis que dirixe o clube de Kick Boxing en Salceda e dous salcedenses participantes no campionato: Daniel Fernández e Fran Farrapeira.

Simón González, motivou a celebración do campionato galego neste concello, pola boa acollida que lle deu Marina Cabaleiro e o persoal da concellería de deportes a este proxecto, e a apertura do Clube de Kick Boxing en Salceda que fixo que este deporte teña máis relevancia nun concello como este. Ademáis “fai 4 anos o Alcalde xa nos abriu as portas e quedamos moi contentos con aquela experiencia”.

Pola súa parte, o presidente do Clube de Kick Boxing de Salceda, Santiago Moráis recalca que é importante que a xente coñeza este deporte, que fai aproximadamente un ano que se abriu o clube e xa conta con arredor de 30 socios. A labor cos nenos é tamén moi importante, e contan con rapaces dende 5 anos.

Neste campionato galego, 6 dos participantes pertencen a este clube, sendo 5 deles salcedenses. Entre estes últimos encóntrase Daniel Fernández, varias veces Campión Galego e Campión de España 2012. Como experiencia este campión cóntanos que “a xente a veces ten unha idea equivocada deste tipo de deportes, xogo tamén o fútbol e lesioneime moitas veces, en kick boxing non me lesionei nin unha soa vez”

Entre os asistentes a rolda de prensa, tamén se atopaba Fran Farrapeira, outro salcedense con grande traxectoria neste deporte.

Simón González, quiso facer referencia especial a este deportista que con 33 anos ten un traballo feito fóra e que por primeira vez compite no seu pobo, “ademáis enfrentarase a un grande deportista que pasa agora a ser profesional”. Fran, agradeceu a confianza posta nel para este campionato, “será unha pelexa difícil, pero cada combate é unha historia”

 

Marina Cabaleiro, “persoas como estas son as que queremos homenaxear na I Gala de Deporte de Salceda, na que xa estamos a traballar, para  que os deportistas salcedenses teñan no seu pobo o merecido recoñecemento ao seu esforzo”

 

Marcos Besada, “é un pracer volver a recibir a xente do deporte de contacto, e sobre todo xente de Salceda que leva anos tratando con esta disciplina. Convidamos a todos os veciños e veciñas para que veñan a disfrutar en directo deste deporte”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: