Mundial de la Bicicleta – A Golpe de Pedal
Actividades do Día Mundial da bicicleta (19 abril).
Vive VIGO en BICI A GOLPE DE PEDAL.
VIGO.- La Asociación Golpe de Pedal e o Concello de Vigo organizan a celebración do Día Mundial da Bicicleta con dous días cheos de actividades, o sábado 20 e o domingo 21 de abril. Terán lugar as seguintes actividades:
SÁBADO 20 ABRIL: Durante a tardiña do sábado de 16 a 20 horas, na contorna do monte do Castro:
– BMX Freestyle,
– Coñecer e aprender a respectar as normas de tráfico no circuito permanente de educación vial;
– Practicar e demostrar a nosa destreza no circuito de habilidade,
– Sensibilización social no respecto das normas de tráfico, da prevención de accidentes e seguridade vial nas estradas,
– Talleres de coñecemento dos xogos de mesa,
– Taller de bicicletas,
– Tandems da ONCE,
– Descubir como é montar en bicicleta eléctrica.
– Disfrutar dos inchables.
– Información sobre a ESTRATEXIA NAOS, (Estratexia para a Nutrición, Actividade Física e Prevención da Obesidad).
DOMINGO 21 DE ABRIL: V EDICIÓN DA MARCHA, VIVE VIGO EN BICI A GOLPE DE PEDAL, Saída e marcha popular pola cidade co seguinte percorrido: Porta do Sol – López Mora – Plaza América – Avda. Castelao – Rúa Ricardo Mella- Molinos – Samil – Avda. Atlántida – Bouzas – Avda. Beiramar – Praza de Compostela – Rúa Arenal – Isaac Peral – Policarpo Sanz – García Barbón – Porta Sol, cunha distancia de 19 kms.
OS OBXECTIVOS SON:
Celebrar o día mundial da bicicleta como un acto festivo favorecendo a participación de toda a veciñanza, promocionar o uso e disfrute da bicicleta como un hábito saudable e respectuoso co medio, fomentar a educación vial entre os máis cativos e xóvenes, promovendo medidas que favorezan a seguridade vial dos usuarios da bicicleta, disfrutar en bicicleta da cidade facendo deporte en familia e poñendo en valor o tempo de lecer nas nosas vidas, instaurar de maneira permanente a celebración anual da actividade.
COLABORADORES
Novagalicia Banco, Fundación Celta de Vigo, Stop Accidentes, ONCE, NAOS, Escola Oficial de Idiomas de Vigo, Aqualia, Froiz.
Clubes ciclistas Teis e Ría de Vigo.
Anca, BiciTotal, Biciocon, Cromoly, Gonzalo Aguiar, Galicia en Bici, Norbike, Trek e Xtrembike.