O DOG PUBLICA HOXE A SÉTIMA CONVOCATORIA PARA ACCEDER AOS CURSOS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar está dirixida a 2.500 galegos e galegas
  • Os exames terán lugar o 22 e 23 de xuño no Recinto Feiral de Silleda
  • Esta actuación permite acceder aos certificados a aquelas persoas que non posúen os requisitos académicos requiridos para cursalos
  • Preto de 11.000 persoas accederon desde 2009 a estas probas da Xunta que aprobaron de media un 80 por cento dos alumnos participantes

A Consellería de Traballo e Benestar convoca hoxe, a través da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), as probas de avaliación en competencias claves para poder acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade. Este ano estímase que 2.500 galegos e galegas participen nestes exames dirixidos a aquelas persoas que non posúan os requisitos académicos requiridos para o acceso aos distintos niveis de cualificación dos certificados de profesionalidade. Deste xeito, mediante este proceso de avaliación específico, poderán demostrar que adquiriron os coñecementos requiridos para cursar os correspondentes módulos dos certificados.

O prazo para inscribirse nesta actuación rematará o próximo día 3 de maio. Os interesados deberán remitir a súa solicitude ao Instituto Galego das Cualificacións.O modelo está dispoñible na Guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia, e tamén na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballoebenestar.xunta.es/.

As probas terán lugar no Recinto Feiral de Silleda so días 22 e 23 de xuño e serán para os niveis 2 e 3 e, como novidade, este ano, o acceso a este procedemento poderá realizarse a través da sede electrónica da Xunta. En concreto, os exames serán para sete competencias ou materias: lingua galega, inglés, ciencia, tecnoloxía, dixital, matemáticas e lingua castelá.

A posta en marcha desta iniciativa responde á renovación que desde 2009 se vén realizando en toda a oferta de formación para o emprego, en base aos novos certificados de profesionalidade. Unha das principais novidades que introducen estes módulos é a de esixir uns requisitos de acceso para os alumnos, que aseguren deste xeito que contan cunha formación mínima para seguir con aproveitamento a actividade.

En definitiva, con este fin, puxéronse en marcha as probas de avaliación en competencias clave, que permiten acceder a estes cursos a aquelas persoas que non poidan acreditar posuír a formación básica necesaria para optar aos mesmos.

Desde 2009 preto de 11.000 alumnos e alumnas participaron neste proceso que convoca a Dirección Xeral de Emprego e Formación que de media soen aprobar un 80 por cento dos participantes. Toda a información que se precise ao respecto destas probas pode consultarse na web http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: